Idalys Ortiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Idalys Ortiz
Idalys Ortiz Rio2016.jpg
Nacemento27 de setembro de 1989
Lugar de nacementoPinar del Río
NacionalidadeCuba
Ocupaciónjudoka
editar datos en Wikidata ]

Idalys Ortiz Bocourt, nada en Pinar del Río[1][2] o 27 de setembro de 1989, é unha judoka cubana.[3] Competiu na categoría de 78 kg nos Xogos Olímpicos de 2008, 2012 e 2016, gañando unha medalla en cada ocasión. En Toquio 2020 competiu na categoría de máis de 78 kg, logrando a medalla de prata.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ortiz comezou a practicar judo con 10 anos e foi incluída no equipo nacional con 15 anos.[2][4] Con 18 anos, converteuse na judoka medallista olímpica máis nova na categoría de peso pesado, gañando unha medalla de bronce en 2008.

Participou en tres Xogos Olímpicos de Verán entre os anos 2008 e 2016, obtendo tres medallas: bronce en Pequín 2008, ouro en Londres 2012[5] e prata en Río de Xaneiro 2016. Nos Xogos Panamericanos conseguiu tres medallas entre os anos 2011 e 2019.[6]

Gañou oito medallas no Campionato Mundial de Judo entre os anos 2009 e 2019, e catorce medallas no Campionato Panamericano de Judo entre os anos 2007 e 2019.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Idalys Ortiz Arquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine.. sports-reference.com
  2. 2,0 2,1 Idalys Ortiz Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine.. nbcolympics.com
  3. IJF profile
  4. "Idalys Ortiz eager to take second Olympic gold medal". Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  5. "Idalys Ortiz Bio, Stats, and Results". Olympics at Sports-Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Idalys Ortiz en JudoInside.com (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]