Ida Laura Pfeiffer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ida Laura Pfeiffer
Ida Pfeiffer.jpg
Nome completoIda Reyer
Nacemento14 de outubro de 1797
 Viena
Falecemento27 de outubro de 1858
 Viena
Causamalaria
SoterradaCemiterio central de Viena
NacionalidadeAustria e Imperio austríaco
Ocupaciónexploradora, escritora e naturalista
editar datos en Wikidata ]

Ida Laura Pfeiffer, nada en Viena o 14 de outubro de 1797 e finada na mesma cidade o 27 de outubro de 1858, foi unha exploradora e escritora de libros de viaxes austríaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Até os 45 anos era unha ama de casa que soñaba con viaxar. Cando conseguiu criar ós seus fillos, vendeu a súa casa e o seu piano, e con ese diñeiro comezou as súas viaxes de explotación do mundo. Ao retornar publicou un libro de viaxes coas anotacións do seu diario, o que lle proporcionou algunha notoriedade. Conforme se foi tornando máis coñecida, obtiña pasaxes gratuítas en navíos estadounidenses e alemáns. Xeralmente viaxaba con pouco diñeiro, durmía e comía na casa de persoas comúns, facía anotacións sobre as cousas que vía, usándoas como base para posteriores libros de viaxe e visitaba lugares fóra das rutas turísticas tradicionais, algunhas veces explorando rexións perigosas. Foi a primeira muller en ser aceptada como membro honorario nas sociedades xeográficas de Berlín e París. Foi laureada polo rei de Prusia cunha medalla de ouro pola súa contribución ás artes e ás ciencias.

Primeira viaxe ó redor do mundo[editar | editar a fonte]

Ida Pfeiffer partiu de Viena en maio de 1846, collendo un veleiro en Hamburgo para Río de Xaneiro, onde desembarcou o 17 de setembro de 1846 tras dous meses e medio de viaxe. En febreiro de 1847 fixo o temido percorrido marítimo polas augas tempestuosas ó redor do Cabo de Fornos até Valparaíso en Chile ("A aparencia de Valparaíso é banal e monótona" "As clases inferiores son principalmente feas"). Atravesando o Pacífico e facendo escala en Tahití ("xamais vin escenas tan vergoñosas de depravación pública"), onde foi recibida pola raíña, chegou a Macau, despois a Hong Kong e Cantón ("comen cans, gatos, camundongos e ratos, os intestinos das aves, e o sangue de todos os animais" "os chineses son inimigos dos baños e do lavado" "os chineses son acusados de matar varios dos seus bebés" "talvez non exista nación na face da terra igual ós chineses na dilixencia e aplicación"). Neses lugares, a aparición dunha muller branca foi un evento extraordinario, e varias veces viuse cercada de persoas curiosas, a punto de se sentir ameazada. Pasando por Singapur ("A cidade de Singapur e as súas aforas conteñen máis de 20.000 habitantes. As rúas parecéronme amplas e limpas, mais as casas non son bonitas.") proseguiu até Sri Lanka ("as rúas [de Kandy] son bonitas, largas e limpas; as casas, con só un andar, están cercadas con varandas e columnatas"), de alí, tras longas excursións, atinxiu ao final de outubro de 1847 o sur da India. As principais paradas da súa viaxe polo subcontinente indio foron Calcuta, Benarés e Bombai ("Na India, sobre o chamado 'goberno inglés libre', atopei unha triste proba de que a posición dos escravos no Brasil é mellor que a dos campesiños libres aquí"). Foi recibida nas casas dos indios ricos e eminentes, participou nunha caza do tigre, mais tamén percorreu longas distancias en carros de boi. En abril de 1848, proseguiu viaxe para Mesopotamia e Persia ("Ningún país do mundo ten máis montañas e menos ríos que Persia"), visitou Bagdad, acompañou caravanas a través do deserto, viu as ruínas Babilonia e Nínive e foi ameazada por ladróns. O cónsul británico en Tabriz, un coñecedor da rexión, quedou profundamente impresionado coa ousadía das súas aventuras. Pasando por Armenia, Xeorxia, Odessa ("Os rusos e os cosacos teñen trazos rudos e estúpidos, e o seu comportamento corresponde completamente ó que a súa aparencia indica"), Constantinopla e Atenas volveu para casa, chegando en Viena en novembro de 1848, preocupada cos desdobramentos da Revolución de 1848. O rexistro desa viaxe, Eine Frauenfahrt un die Welt (Viaxe dunha muller ó redor do mundo), foi publicado en Viena en 1850 en tres volumes. A tradución inglesa, A Woman's Journey round the World, foi publicada en Londres en 1850.

Nesa viaxe Ida Pfeiffer visitou o Río de Xaneiro, onde desembarca o 17 de setembro de 1846 tras permanecer dous meses e medio a bordo dun veleiro. De todos os viaxeiros estranxeiros que estiveron en Río no século XIX, Ida Pfeiffer talvez ofreza a imaxe máis negativa da cidade. “Talvez resida nesa actitude crítica e en gran parte depreciativa do país a razón da forma de ser o seu nome e a súa obra menos coñecidos e considerados por estudosos brasileiros, a pesar dos valiosos datos que contén.” Mais aínda que pense que a Praia dos Mineiros (entre a Praza do Paço, actual Praza XV, e o Arsenal da Mariña), onde desembarcou, “sucia e repugnante, habitada por unhas ducias de negros igualmente sucios e repugnante”, o Pazo Imperial un “edificio grande mais prosaico, como unha casa particular, sen pretensión de gusto ou beleza arquitetônica”, a Praza do Paço, “sucio, servindo á noite de local para durmir para moitos negros pobres e libres, que de mañá fan alí as súas necesidades, sen ningún pudor, na fronte de todos” e o Campo de Santa Ana “o máis sucio de todos os lugares”, onde viu “corpos de cans e gatos en decomposicion” e lavandeiras na fonte “lavando e secando e berrando”, de modo que "unha persoa se sente feliz de deixar o lugar", Ida recoñece a beleza e impoñencia* do acueduto, semellante a unha “obra romana”, admite que “o destino dos escravos non é tan ruin como moitos europeos cren” e que “a vida dos escravos é mellor en todo que a dos campesiños rusos, polacos ou exipcios que nin sequera consideramos escravos”, recoñece que a cidade esta moi ben iluminada” e que é seguro andar nas rúas á noite e sorpréndese co interior do Teatro da Ópera (o Imperial Teatro de São Pedro de Alcântara, onde fica o actual Teatro João Caetano), coas súas “salas amplas e magníficas, un escenario grande e profundo, capacidade para máis de 2 mil persoas e catro lances de camarotes espazosos”. Ida describe a impoñenza* das festas, entre elas a do bautizo da princesa imperial e a do aniversario do emperador Pedro II do Brasil. Pasea nas aforas da cidade – Alto da Boa Vista, xardín botánico, Corcovado (onde “amosouse diante dos nosos ollos un panorama semellante como o mundo ten poucos para ofrecer”), Palacio de San Cristóvão – e fai excursións até cidades próximas naquela época, creadas había pouco tempo por colonos europeos, como Petrópolis e Nova Friburgo. A camiño de Petrópolis, ela e o seu acompañante escaparon por un tris do ataque dun escravo furioso por ser espancado* pouco antes polo dono. Se a urbe carioca en si non a impresionou tanto, Ida recoñece os tesouros "con que a natureza adornou de forma realmente abondosa as aforas desta cidade ”. Ao proseguir viaxe até Valparaíso, cando o veleiro fixo escala no porto de Santos, Ida aproveitou para subir en burro até a cidade de São Paulo, entón con 22.000 habitantes, e xa "un lugar de gran importancia para o comercio interno do país".

Segunda viaxe ao redor do mundo[editar | editar a fonte]

En 1851 foi para Inglaterra e para Suráfrica, coa intención de penetrar no interior. Iso foille imposible, pero foi para o arquipélago Malaio, pasando dezaoito meses nas Illas da Sonda, onde visitou os Dyaks de Borneo e foi unha das primeiras persoas en relatar o comportamento dos Bataks de Sumatra e dos habitantes das illas Molucas. Despois dunha visita a Australia, Madame Pfeiffer foi para California, Oregón, Perú, Ecuador, Nova Granada e volveu para o norte até os Grandes Lagos, chegando á súa casa en 1854. O seu libro, Meine zweite Weltreise ("A miña segunda viaxe o redor do mundo") , foi publicado en Viena en 1856. A tradución inglesa, Second Journey round the World, foi publicada en Londres en 1857.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]