Ida Holz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIda Holz

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da República Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , investigadora , mestra , informática teórica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da República Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnhelo Hernández Ríos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios


Ida Holz Bard, nada en Montevideo o 30 de xaneiro de 1935, é unha enxeñeira, informática, profesora e investigadora uruguaia. Destacou por ser pioneira no campo do Internet e da computación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Provén dunha familia rica xudía de orixe canadense. Entre os 18 e os 22 anos estivo en Israel, onde estivo no exército e nun kibbutz.[1]

Cursou o preparatorio de arquitectura ao volver ao Uruguai mentres traballaba a xornada completa polo día.[1]Anos máis tarde comezou o profesorado de matemáticas no Instituto de Profesores Artigas. Neste centro o seu profesor de Lóxica matemática convidouna a presentarse a unha proba para acceder aos cursos de IBM que ofrecía a Universidade da Républica na área de Computación, que superou.[1]

Formou parte das primeiras xeracións de estudantes en computación uruguaios a principios dos anos 70, formados na Facultade de Enxeñaría da Universidade da República.[2]

En 1964 casou co artista Anhelo Hernández, dedicado á pintura contemporánea, e que integrou o Taller Torres García. En 1976 a parella partiu ao exilio en México. Nese período, Holz traballou na Dirección Xeral de Política Económica e Social. Tamén traballou no Instituto Nacional de Estatística, no que chegou a ser directora da Dirección de Desenvolvemento Informático.[1] Ofrecéronlle a dirección do instituto, pero xa decidira retornar ao Uruguai.[3]

Concursou pola dirección do Servizo Central de Informática da Universidade da República (SeCIU), México, en 1986, e obtivo o posto. Dende esta posición Ida Holz liderou o desenvolvemento de Internet no Uruguai[1] desde principios dos anos 90. Xogou un rol destacado no desenvolvemento e evolución das Teconoloxías da Información e a Comunicación no Uruguai. Desde 2005 estivo na dirección da Axencia de Sociedade da Información e do Coñecemento do Uruguai (Agesic). Tamén foi unha das impulsoras do Plan Ceibal.[4]

Foi coñecida pola súa oposición nun foro celebrado en Río de Janeiro de 1991, onde os Estados Unidos e Europa pretendían impoñer a súa hexemonía no goberno da nacente rede mundial de Internet.[3]Estivo no equipo que creou o borrador do futuro Foro Latinoamericano de Redes.[1]

En 1994 o SeCIU instalou o primeiro nodo de Internet no Uruguai baixo a súa dirección.[5] Ida Holz xogou un papel importante na Cooperación Latinoamericana de Redes Avanzadas (Red CLARA).[1][4]

Premios e Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio á Traxectoria 2009, outorgado polo Rexistro de Direccións de Internet para América Latina e o Caribe (LACNIC) ás persoas que contribuíron ao desenvolvemento permanente de Internet.[6]
  • Primeira personalidade latinoamericana en ingresar ao Salón da Fama da Internet Society en 2013, unha iniciativa que honra ás persoas que foron importantes para o desenvolvemento e fortalecemento do Internet.[7][8][9][10]
  • Moña de Honra 2014 polo Consello de Educación Inicial e Primaria na Escola Pública Nº 4 José Artigas, onde a enxeñeira realizou os seus estudos primarios.[11]
  • A Administración Nacional de Correos emitiu selos en 2015 da serie de "Personalidades destacadas de Uruguai" dedicados a Ida Holz.[12]
  • Recoñecemento en homenaxe á súa carreira como pioneira de Internet no Uruguai en 2017, no marco da celebración dos 10 anos do Plan Ceibal.[13]
  • En 2020 foi incluída en "Uruguayas rebeldes", libro que reúne a 45 mulleres que marcaron a historia do Uruguai.[14]
  • Un dos denominados "pais de internet" Vint Cerf, consultado sobre a existencia dunha "mai de internet", sinalou:
"Si, existe unha mai de internet. E chámase Ida Holz, ela é considerada a mai de internet no Uruguai. E hai outras mulleres que participaron no desenvolvemento de internet."
Vint Cerf, decembro de 2015.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 de Tomas, Tania (23 de maio de 2013). "Ida Holz: alma tecnológica". El Observador. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2017. 
  2. "50 mujeres uruguayas influyentes". El Observador. Uruguai. 8 de marzo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Ida Holz y el hospital virtual". El País. 13 de setembro de 2009. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "“Hay que cambiar todo en la educación: desde las estructuras hasta las formas de conducción”". Grupo 180 (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  5. "Ida Holz Bard". Frida 2013 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 12 de maio de 2013. 
  6. "Resultado "Premio Trayectoria 2009"". LACNIC. 3 de agosto de 2009. Consultado o 12 de maio de 2013. 
  7. El Observador (26 de xuño de 2013). "Ida Holz en el Salón de la Fama de Internet". Uruguai. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013. 
  8. "Internet Hall of Fame Announces 2013 Inductees". Internet Society (en inglés). 26 de xuño de 2013. 
  9. "Ida Holz ya está en el Salón de la fama de Internet". Agesic. Uruguai. 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013. 
  10. "Ida Holz, primera latinoamericana nominada para integrar Salón de la Fama de Internet". UDELAR. Portal de la Universidad de la República de Uruguay. 26 de xuño de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2016. 
  11. "Ida Holz recibió la “moña de honor”". Agesic. Uruguai. 30 de setembro de 2014. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  12. "Resultado "Premio Trayectoria 2009"". Montevideo Portal. 21 de outubro de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  13. "Ida Holz homenajeada en 10 años de Ceibal". Agesic. Uruguai. 11 de maio de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  14. EFE. "Uruguaias rebeldes: de la 'madre de internet' a una campeona mundial de boxeo". Axencia EFE. Edición América. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  15. Molina, Paula (24 de decembro de 2015). "Qué Pasa?". Copesa. Consultado o 24 de decembro de 2015. Sí, existe una madre de internet. Y se llama Ida Holz, ella es considerada la madre de internet en Uruguay. Y hay otras mujeres que participaron en el desarrollo de internet. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]