Saltar ao contido

Ichiko Hashimoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIchiko Hashimoto
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1952 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Kōbe, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Música Musashino Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, pianista, arranxadora, músico de jazz, seiyū, compositora, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoJazz e Fusion Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalAtsuo Fujimoto: Colored Music Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAtsuo Fujimoto Editar o valor en Wikidata

Sitio webhomepage2.nifty.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0961062 Allmovie: p274038
Facebook: ichiko.hashimoto Twitter: ichikohashimoto Spotify: 4wTSNilt4EsffHSJrcnwbQ Apple Music: 128937297 Last fm: 橋本一子 Musicbrainz: 708ba5b3-0c01-4189-925f-dd74b9d1597e Discogs: 259135 Allmusic: mn0001597476 Editar o valor en Wikidata

Ichiko Hashimoto (en caracteres xaponeses 橋本 一子), nada o primeiro de xullo de 1952 na cidade de Kobe, prefectura de Hyōgo, é unha pianista xaponesa de jazz, pop-fusión, cantante, músico de sintetizador, compositora e actriz de cine e televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada no núcleo urbano de Kobe, comeza a tocar o piano con cinco anos.

Na Universidade de Música Musashino inicia a súa carreira musical como pianista, vocalista e compositora. No ano 1981 forma o grupo de electrónica e pop-fusión Colored Music xunto a Atsuo Fujimoto, e publican un disco homónimo co selo nipón Better Days. O álbum foi re-editado en 2018 e o orixinal é considerado como unha copia de culto do xénero. [1]

No Xapón, o seu talento e reputación son excepcionais dentro do jazz e a música avant-garde, na súa carreira foi contratada para arranxos e interpretacións pola Yellow Magic Orchestra, DJ Cloud, Sphinx, Kazumi Watanabe, Irene Schweizer, Samul Nori (grupo de percusión coreano) Macoto Tezka (artista visual) Han Bennink, Myra Melford, Gregg Bendian. Chegou a colaborar oficialmente en 20 discos no xapón entre o pop e a música clásica (como cos intérpretes de clásica Yuji Takahashi e Aki Takahashi).

As súas actividades musicais esténdense tamén á música contemporánea, mais inclúen moitos xéneros, como orquestra clásica, música electrónica e música de club.

En 1998, forma "the Trio" xunto a Atsuo Fujimoto e Nobuyoshi Ino. Tras o lanzamento de dous álbums con "the Trio" decide saír do Xapón e actuar a nivel internacional.

Como compositora é a autora da banda sonora do filme "HAKUCHI", dirixida por Macoto Tezka. Polo que recibiu o Premio Dixital no Festival de Cine de Venecia. E das cancións do anime "RAHXEPHON", do que tamén é actriz de dobraxe.[2]

Como actriz de cinema ten papeis nas películas MNEMOSYNE (1991) e Whisper of the ammonite was heard (アンモナイトのささやきを聞いた) (1992).

  1. "Colored Music TEST PRESSING (Edition of 15)Vinyl". 2018. Consultado o 2025-10-18. 
  2. "HASHIMOTO Ichiko (Piano,Vo,Composer)". 2010. Consultado o 2025-10-18.