Ichikawa (市川市, いちかわし, Ichikawa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Chiba. Está situado no centro da rexión de Kanto e ao oeste da prefectura, na zona norte da provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 57,40km², a poboación é de 474.313 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 8.260 hab./km².