Esta ave é inconfundíbel. O adulto é gris con ventre branco, patas rubias, peteiro longo e curvado cara a abaixo, a cara negra e o peito cunha banda negra. Os novos non teñen a cor negra na cara e o peito, e o peteiro é máis opaco. Os adultos en reprodución teñen unha patas rubias brillantes e nos inmaturos son de cor sepia. A pesar da súa aparencia espectacular pasa desapercibido no seu ambiente rochoso.
O seu canto é un resoante ‘kliu-kliu’ similar ao do do bilurico claro.
A posición taxonómica da familia é controvertida. Pode estar relacionada coas gabitas e as avocetas. Para unha clasificación alternativa dos Charadriiformes véxase a taxonomía de Sibley-Ahlquist.