Ian Paice
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Ian Anderson Paice 29 de xuño de 1948 Nottingham |
| Lateralidade | manicho |
| Actividade | |
| Ocupación | batería de rock, músico de rock, cantautor, batería |
| Período de actividade | 1967 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Hard rock, rock progresivo e blues rock |
| Instrumento | Batería, instrumento de percusión e violín |
Ian Paice, nado en Nottingham o 29 de xuño de 1948, é un batería inglés, de bandas como Deep Purple, Whitesnake e The Maze.
Coñecido coma o Buddy Rich do rock, foi un dos mellores baterías dos anos 70. Conta cunha avanzada técnica, destacando por exemplo, o redobre a unha soa man. Son habituais nel ritmos atresillados tipo shuffle. Adoita usar lentes escuros. Entre as súas influencias están Mitch Mitchell, Tony Meehan e Gene Krupa.
Biografía
[editar | editar a fonte]Comezou a estudar o violín, pero decidiu dedicarse a tocar a batería logo de ver a Gene Krupa. Con 15 anos o seu pai, tamén músico, comproulle o seu primeiro kit de batería. Comezou a tocar na banda do seu proxenitor. Durante os anos 60 tocou en numerosos grupos coma Georgie & the Rave-Ons, The MI 5 (que se converteu en The Maze e gravou 3 sinxelos) ou Rondabout, xunto a John Lord e Ritchie Blackmore, cos que formou Deep Purple en 1968. Tamén formou parte de Withesnake entre 1979 e 1982.
Con Deep Purple banda gravou máis de 20 álbums, sendo o único membro que estivo sempre no grupo. Un dous seus maiores éxitos foi tocando a canción "The Mule" en directo, demostrando as súas habilidades facendo solos.