Iago Tabarés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iago Tabarés
Nacemento1969
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, nado en Ourense en 1969, é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce na súa cidade natal. Militante do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, integrado na época no BNG, foi concelleiro en Ourense de 2003 a 2005 e deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2009. Tras a morte de Xosé Henrique Rodríguez Peña en 2006 o PNG-PG elixiuno o seu secretario xeral, posto que mantivo ata 2011. Deixou o BNG canda o seu partido en 2012 pero en 2017 volveu de novo á fronte[1]. Nas eleccións xerais de 2019 encabezou a candidatura do BNG na provincia de Ourense, como xa fixera en 2008.

Notas[editar | editar a fonte]