Iago Aspas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Iago Apas Juncal»)
Iago Aspas
Aspas no 2015
Información persoal
Nome Iago Aspas Juncal
Nacemento 1 de agosto de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Baiona
Altura 1,74m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Número 10
Carreira xuvenil
Moaña
Santa Mariña
1995–2006 Celta de Vigo
2004–2005Rápido de Bouzas (cedido)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2009 Celta B 84 (11)
2009–2013 Celta de Vigo 139 (46)
2013–2015 Liverpool 14 (0)
2014–2015Sevilla (cedido) 16 (2)
2015– Celta de Vigo 216 (113)
Selección nacional
2016– Galicia 1 (1)
2016– España 18 (6)
Na rede
Twitter: aspas10 FIFA: 402138 UEFA: 109132 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de xaneiro de 2022.
Selección: actualizado a 2 de xaneiro de 2022.editar datos en Wikidata ]
Aspas adestrando co Celta en 2013

Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987,[1] é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo.

Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.[2].

En xuño de 2013 anunciouse a súa fichaxe polo Liverpool FC, e tras un ano en Inglaterra e outro cedido en Sevilla volveu a Vigo en propiedade.

É irmán de Jonathan Aspas, sobriño de Cristóbal Juncal e curmán de Aitor Aspas, Adrián Cruz e Raúl Blanco, todos eles tamén futbolistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Fillo dun conquense e unha galega, naceu nunha familia moi vencellada ao fútbol, sendo seu tío o futbolista Cristóbal Juncal e os seus irmáns máis vellos Urbe e Jonathan Aspas, tamén futbolistas.[3]

Iago iniciou os seus pasos como futbolista nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo á idade de oito anos. Alí formouse até chegar ao filial do equipo celeste á idade de dezanove anos, coincidindo con outros xogadores como Dani Abalo ou Roberto Lago. Na tempada 2008-09 o adestrador celeste Pepe Murcia convócao para realizar a pretempada, mais a pesar das súas boas actuacións, non chega ter continuidade no primeiro equipo.

Debut no primeiro equipo[editar | editar a fonte]

O seu debut co primeiro equipo produciuse no Estadio de Balaídos o 7 de xuño de 2009. A falta de tres xornadas para terminar a tempada, o Celta enfrontábase ao Alavés, "un rival directo na loita pola permanencia". A importancia do devandito partido reflectíase en que unha vitoria do Alavés condenaba ao Celta aos postos de descenso a falta de tres xornadas, perigando así a súa existencia como entidade. O partido transcorreu con claro dominio do Alavés, equipo ao que lle sucedían as ocasións máis claras de gol. O entón adestrador Eusebio Sacristán decidiu buscar máis mobilidade no equipo, e no minuto 60 fixo debutar como revulsivo ao canteirán Iago Aspas.

As súas ganas fixéronse patentes nada máis entrar, xa que tivo dúas ocasións moi claras que evitou o meta Bernardo. A súa insistencia tivo premio no minuto 80, no que Iago rematou coa cabeza un centro do seu compañeiro Dani Abalo, pondo por diante aos celestes a falta de dez minutos. Con todo, un fallo da defensa permitiu ao dianteiro Juanjo marcar o gol do empate a tan só dous minutos do final. Pero unha vez máis, xa no tempo de desconto, o futbolista moañés volveu marcar, aproveitando un rexeitamento do porteiro rival, o que o converteu no salvador da categoría, asegurando así unha praza no primeiro equipo para a próxima tempada e o apoio e agarimo da afección.[4]

Primeiro equipo[editar | editar a fonte]

A campaña 2009-10 supuxo a súa estrea como profesional e a súa presentación de cara a afección celeste. Co dorsal 11 nas costas, fixo unha tempada na que amosou as súas habilidades, facendo un total de 6 goles en 31 partidos, aínda que sen contar con continuidade no once titular e coa competencia constante de Roberto Trashorras. A campaña 2010-11 sería a máis completa até ese momento do moañés, aínda que con menos participación foi o gran revolucionario na recta final do campionato, na que substituíu a David Rodríguez como dianteiro centro por diante de Papadopoulos, gañando a confianza de Paco Herrera. Foi unha boa campaña do moañés na que gañaría fama por mor dunha acción en Los Carmenes, Granada, debido a unha fortuíta acción co chantadino Roberto, gardameta dos granadinos, na ida dos play-off de ascenso a Primeira División, desatando así unha nova rivalidade entre clubs.

Na tempada 2011-12 convértese no máximo goleador nacido no estado español e do Celta, con 23 tantos en 31 partidos, sendo clave para o ascenso do equipo a Primeira. Foi galardoado ademais, o 13 de novembro de 2012, co trofeo ao mellor dianteiro da categoría de prata da tempada.

Ao seguinte ano, xa na máxima categoría, viuse envolto nunha nova polémica o 15 de marzo do 2013 tras ser expulsado nun partido importante para as aspiracións do equipo no Derbi ante o Deportivo da Coruña por propinar un cabezazo a Marchena. Foi sancionado con catro partidos de suspensión, o que supuxo que o Celta sufrise até a última xornada para lograr a permanencia na Primeira División. Porén, a súa presenza nos últimos partidos foi clave para o funcionamento do equipo. O 1 de xuño de 2013 o Celta certificaría finalmente a permanencia en Primeira gañando o partido contra o Espanyol por 1-0 grazas a unha asistencia súa a Natxo Insa tras unha xogada individual. Este resultado, e a vitoria da Real Sociedad na Coruña, fixo que o Deportivo da Coruña descendese á Segunda División esa tempada.

Na Premier League[editar | editar a fonte]

Despois da súa gran tempada en Primeira División, no verán de 2013 ficha polo Liverpool FC, despois de varios meses de negociacións, por un prezo final de pouco máis de 9 millóns de euros, reservándose o Celta a propiedade do 10% dun futuro traspaso do xogador a outro club.[5]

De volta na Liga[editar | editar a fonte]

Ante a falta de minutos en Liverpool foi cedido con opción de compra obrigatoria ao Sevilla FC de cara a tempada 2014/15, porén no equipo sevillano tampouco contou con minutos o que o levou a ter unha relación bastante mala co adestrador do equipo Unai Emery. Ao finalizar o ano foi traspasado ao Celta de Vigo por un importe entre os 4 e 5 millóns de euros[6].

Selección galega[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, no cal marcou o tanto galego, que finalizou con empate (1–1).[7]

Equipos[editar | editar a fonte]

Ano Club División País Partidos Liga Goles Partidos Copa Goles Copa Partidos Internacionais Goles Internacionais Partidos Totais Goles Totais
2006-2007 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 21 1 - - - - 21 1
2007-2008 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 32 4 - - - - 32 4
Celta de Vigo Segunda División Galicia 1 0 - - - - 1 0
2008-2009 Celta de Vigo B Segunda B Galicia 31 6 - - - - 31 6
Celta de Vigo Segunda División Galicia 3 2 - - - - 3 2
2009-2010 Celta de Vigo Segunda División Galicia 36 5 7 1 - - 43 6
2010-2011 Celta de Vigo Segunda División Galicia 30 4 1 1 - - 31 5
2011-2012 Celta de Vigo Segunda División Galicia 35 23 3 2 - - 38 25
2012-2013 Celta de Vigo Primeira División Galicia 34 12 3 0 - - 37 12
2013-2014 Liverpool FC Premier League Inglaterra 14 0 1 1 - - 15 1
2014-2015 Sevilla Fútbol Club Primeira División España 16 2 5 7 5 1 26 10
2015-2016 Celta de Vigo Primeira División Galicia 35 14 5 4 - - 40 18
2016-2017 Celta de Vigo Primeira División Galicia 32 19 5 2 12 5 49 26
2017-2018 Celta de Vigo Primeira División Galicia 34 22 3 1 - - 37 23
2018-2019 Celta de Vigo Primeira División Galicia 27 20 2 1 - - 29 21
2019-2020 Celta de Vigo Primeira División Galicia 37 14 1 0 - - 38 14
2020-2021 Celta de Vigo Primeira División Galicia 33 14 1 0 - - 34 14
2021-2022 Celta de Vigo Primeira División Galicia 37 17 1 0 - - 38 17

[8]

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Trofeo Zarra[editar | editar a fonte]

  • 2011/12: máximo goleador español de segunda división (23 goles)
  • 2016/17: máximo goleador español de primeira división (19 goles)
  • 2017/18: máximo goleador español de primeira división (22 goles)
  • 2018/19: máximo goleador español de primeira división (20 goles)
  • 2021/22: máximo goleador español de primeira división (17 goles; ex aequo)

Premios LFP[editar | editar a fonte]

Premio Manuel de Castro[editar | editar a fonte]

  • 2012: mellor xogador do Celta do ano[10]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Sede Ano
UEFA Europa League Sevilla F. C. Varsovia 2015

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sport You (ed.). "Ficha de Iago Aspas". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  2. "El debutante Iago Aspas hizo el doblete que le dió el triunfo de la calma al conjunto vigués", artigo en Marca, 6 de xuño de 2009 (en castelán)
  3. Chevilly, C. L. (Febreiro de 2017). "Iago Aspas, nunca es tarde" (PDF). Revista da RFEF (en castelán) (209): 16–19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 
  4. Iago Aspas pon fin ao calvario
  5. El Celta percibirá más de nueve millones por Iago Aspas Diario Marca, 13 de xuño de 2013
  6. http://www.marca.com/2015/06/12/futbol/equipos/celta/1434133032.html
  7. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  8. Ficha de Iago Aspas en bdfutbol.com
  9. http://www.laliga.es/noticias/iago-aspas-mejor-jugador-de-laliga-santander-en-octubre
  10. Premio, Manuel de Castro. "Iago Aspas gaña o Premio Manuel de Castro, Hándicap 2012". moiceleste.com. Consultado o 9 de abril de 2016.