IX Congreso de Nacionalidades Europeas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O IX Congreso de Nacionalidades Europeas foi unha xuntanza de representantes de nacións europeas celebrada entre os días 16 e 18 de setembro do 1933 na cidade suíza de Berna. Nela, por primeira vez, Galiza, coma participante nesta nesta institución adxunta á Sociedade de Nacións, acadou o recoñecemento internacional coma nación.

A declaración institucional[1], que correspondeu a Plácido Castro, presentouse en galego e en inglés, e nela declarouse:

"O Partido Galeguista, partido nacional dos galegos, representado no parlamento español polos deputados Otero Pedraio, Castelao e Suárez Picallo, declara solemnemente (...) que conta con máis de dous millóns de almas e habita a totalidade do territorio de Galiza, é unha nación ben definida, que se diferencia claramente dos outros pobos que habitan España. A súa orixe, a súa historia, o seu idioma, e os seus costumes xustifican esta diferenza dunha maneira absoluta".

Días despois, Castro escribía en El Pueblo Gallego[2]: "por primeira vez na súa historia, Galiza concorreu con personalidade propia a un Congreso internacional".

Notas[editar | editar a fonte]