Saltar ao contido

ISEE 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ISEE 2 / International Sun-Earth Explorer 2
TipoCientífico
OrganizaciónNASA/ESA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento22 de outubro de 1977, 13:53 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 2914[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 17B[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo das partículas e campos magnéticos da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción.[1][2]
Decaemento26 de setembro de 1987[4]
NSSDC ID1977-102B
Masa165,78 kg[1]
Potencia112 W[1]

ISEE 2, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 2, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 22 de outubro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

ISEE 2 foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 3) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. A chamada parte nai/filla da misión consistía de ISEE 1 e 2 orbitando a Terra en proximidade a unha da outra para facer medicións simultáneas da variación dos campos e partículas interactuando entre o sistema Terra-Sol.[1][2][3]

A nave estabilizábase mediante xiro a 19,8 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 165,78 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 112 W de potencia. Tanto ISEE 2 como ISEE 1 reentraron na atmosfera o 26 de setembro de 1987.[1][2][3]

  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (5 de setembro de 2019). "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
  2. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2020). "ISEE" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
  3. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
  4. 1 2 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
  5. Claude Lafleur (2020). "ISEE 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020.
  6. "Note verbale dated 29 March 2005 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-83579(E)). 21 de abril de 2005: 3. Consultado o 12 de xullo de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]