Explorer 41

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IMP 5»)
Explorer 41 / IMP-G / IMP-5
IMP-G antes do lanzamento.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento21 de xuño de 1969, 8:47 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta E[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do medio interplanetario.[2][6]
Decaemento23 de decembro de 1972[1]
NSSDC ID1969-053A
Masa175,0 kg[5]

Explorer 41, tamén coñecido como IMP-G ou IMP-5 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform G ou 5), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de xuño de 1969 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 41 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos a distancias lunares.[2][5][6]

A nave estabilizábazase mediante xiro a 27,5 r.p.m. Explorer 41 foi inxectada nunha órbita inicial de 213.849 km de apoxeo e 378 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 83,8 graos e un período de 4840,0 minutos. Funcionou sen problemas ata a súa reentrada na atmosfera o 23 de decembro de 1972.[1][3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 41 (IMP-5)" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Explorer 41" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2013. Consultado o 26 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 19 September 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (69-21917): 2. 2 de outubro de 1969. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 41 / IMP 5" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP F, G" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2013. Consultado o 26 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]