II Fórum Social Mundial
Aparencia
O segundo FSM tivo lugar en Porto Alegre (o mesmo que o primeiro), do 31 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2002 acudiron máis de 12.000 delegados oficiais, representando a xente de 123 países e 60.000 asistentes. Leváronse a cabo 652 obradoiros e 27 conferencias. Un conferenciante soado foi o disidente estadounidense Noam Chomsky.