IGH@

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O locus pesado de inmunoglobulina, tamén chamado IGH (antes chamado tamén IGHDY1 e IGH@[1]), é unha rexión do cromosoma 14 humano que contén un xene que codifica as cadeas pesadas dos anticorpos humanos (ou inmunoglobulinas).[2]

As inmunoglobulinas recoñecen antíxenos estraños e inician as respostas inmunes como a fagocitose e o sistema do complemento. Cada molécula de inmunoglobulina consta de dúas cadeas pesadas idénticas e dúas cadeas lixeiras tamén iguais. Esta rexión representa a organización na liña xerminal do locus das cadeas pesadas. O locus inclúe os segmentos V (variable), D (de diversidade), J (de empalme ou acoplamento) e C (constante). Durante o desenvolvemento da célula B, un evento de recombinación V(D)J no ADN une un só segmento D cun segmento J; o exón D-J fusionado desta rexión D-J parcialmente rearranxada únese cun segmento V. A rexión resultante V-D-J que contén o exón fusionado V-D-J é despois transcrita e fusionada a nivel de ARN coa rexión IGHM constante; este transcrito codifica unha cadea pesada mu. Posteriormente no desenvolvemento da célula B xérase un pre-ARNm V-D-J-Cmu-Cdelta, que sofre empalme alternativo e codifica unha cadea pesada mu ou delta. As células B maduras nos ganglios linfáticos sofren unha recombinación de cambio de clase, de modo que o segmento xénico fusionado V-D-J lévase ao lado dun dos segmentos xénicos IGHG, IGHA ou IGHE e cada célula expresa ou ben a cadea pesada gamma ou a alfa ou a epsilon. A pottencial recombinación de moi difeentes segmentos V con varios segmentos J proporciona un amplo rango de recoñecemento de antíxenos. Conséguese unha diversidade adicional pola diversidade de acoplamento, que ten como resultado a adición aleatoria de nucleótidos pola desoxinucleotidiltransferase terminal, e por hipermutación somática, que ocorre durante a maduración da célula B no bazo e ganglios linfáticos. Sábese que hai varios segmentos V, D, J e C que non poden codificar proteínas e son considerados segmentos pseudoxénicos (xeralmente chamados simplemente pseudoxenes).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.