IES Pintor Colmeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°41′21″N 8°14′58″O / 42.689111111111, -8.2494444444444

IES Pintor Colmeiro
Enderezo
As Ferreiras, sn - Silleda
Datas
Creación1998
Inauguración1999
Educación
EnsinanzasESO, BAC, FP, Adultos/as
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
DirectorXesús Fernández Sulleiro
Outros nomes
IES de Silleda
Na rede
http://www.edu.xunta.es/centros/iespintorcolmeiro/

O Instituto de Ensinanza Secundaria Pintor Colmeiro é un centro público de ensino medio de Silleda.

Características[editar | editar a fonte]

Comezado a construír en 1998 e inaugurado en 1999, está situado ás aforas do núcleo urbano, ao pé da estrada que une esta vila con Forcarei. Leva o nome do pintor Manuel Colmeiro, nado no concello de Silleda.

Conta con 46 docentes e aproximadamente 390 alumnos repartidos entre a ESO, a educación de persoas adultas, o bacharelato e a formación profesional. Os ciclos de formación profesional que imparte son: ciclo superior de xestión de vendas e espazos comerciais, ciclo medio de actividades físico-deportivas no medio natural e ciclo medio de actividades comerciais.[1][2][3]

Desde setembro de 2011 o director do centro é Xesús Fernández Sulleiro. Completan o equipo directivo Javier María López Rodríguez (vicedirector), Susana Calvo Peña (xefatura de estudos) e Xosé Fuentes Rodríguez (secretario).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. C.M. de Actividades Físicodeportivas no medio natural
  2. "C.M. de Comercio". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  3. CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]