IBM Aptiva
Os IBM Aptiva foron unha liña de computadores persoais que foron producidos por IBM. Foi deseñado principalmente para uso na casa e ofreceu unha gama de modelos con características e especificacións variábeis. Foi presentado en setembro de 1994 para substituír os antigos IBM PS/1.
O primeiro modelo de Aptiva estaba baseado nunha CPU Intel 80486, mentres que os modelos posteriores utilizaron o Intel Pentium e CPU's de AMD. Todos os sistemas foron desenvolvidos en privado excepto o máis tardío, a serie E, que foi desenvolvida por Acer.
Os computadores Aptiva eran tipicamente vendidos como bundle que incluíron monitor, falantes, teclado e rato. Os primeiros modelos viñeron con IBM PC DOS 6.3 e Windows 3.1. Os seguintes Aptiva con Pentium viñeron con Windows 95. A maioría dos modelos Aptiva incluíron un módem e unha función de hibernación chamada "Rapid Resume".
En 1999, unha serie de ordenadores Aptiva saíron infectados ao mercado co virus CIH, xusto un mes antes de que o virus se activase.
As funcións de son e módem foron providos nos modelos M, A, C e S cun adaptador IBM Mwave. O adaptador Mwave tivo problemas de rendemento e foron finalmente substituídos por tarxetas de son e módems estándares.
O último sistema Aptiva foi retirado de venda en maio 2001 sen unha substitución directa cando IBM decidiu saír o mercado de fogares ou de consumo. Os clientes foron dirixidos ao IBM NetVista, o cual era máis apuntado a computadores de escritorio empresariais.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre outras cousas, o desenvolvemento e a mercadotecnia de IBM de Lotus SmartSuite e OS/2 colocouno en competición directa con Microsoft Office e Windows, respectivamente. Como resultado, Microsoft "castigou a IBM con prezos máis altos, unha licenza tardía para Windows 95, e retención d0 soporte técnico e da mercadotecnia."[1]
IBM non tivo dereitos de OEM concedido para Windows 95 até 15 minutos antes da liberación de Windows 95, o 24 de agosto de 1995. Debido a esta incerteza, máquinas de IBM foron vendidas sen Windows 95, mentres Compaq, HP, e outras empresas venderon máquinas con Windows 95 dende o primeiro día.[2]
Os Aptiva nunca puideron reasegurar a dominancia de IBM no mercado de computadores personais dos anos 80 contra empresas como Compaq, Dell, ou HP. O grupo de PC de IBM tivo custos máis altos que os seus competidores, que fixeron imposíbel igualar os seus prezos. Durante os anos 90, IBM perdeu a maioría da súa participación no mercado de PC's e durante aquela década non puido competir cintrs os seus rivais. Só o portátil ThinkPad mantivo algo de cota. A maioría de vendas de portátiles e computadores eran con clientes corporativos que xa utilizaban ordenadores IBM.
Modelos
[editar | editar a fonte]Timeline of the IBM Personal Computer |
---|
Asterisk (*) denotes a model released in Japan only |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Full text of Judge Jackson's findings of fact". CNet., Sec. 116. Xaneiro de 2007
- ↑ "Full text of Judge Jackson's findings of fact". CNet., Sec. 125. Xaneiro de 2007