Carbonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ión carbonio»)

En química, un ión carbonio é un catión que ten un átomo de carbono pentavalente.[1][2] O nome carbonio pode tamén usarse para designar ao membro máis simple desta clase de substancias, máis propiamente chamado metanio (CH+
5
), no cal as cinco valencias están completadas con átomos de hidróxeno.[3]

Os ións carbonio máis simples despois do metanio teñen dous carbonos. O etanio ou acetileno protonado C2H3+ e o etenio C2H5+ son compostos similares. O ión etanio C2H7+ foi estudado como un gas extremadamente rarificado por espectroscoía infravermella.[4]

En textos vellos da literatura química o nome "ión carbonio" era utilizado para designar o que hoxe se chama ión carbenio. As definicións actuais foron propostas polo químico George Andrew Olah en 1972.[1] e agora son amplamente aceptadas.

Un ión carbonio estable é o complexo penta(trifenilfosfina ouro(I))metanio Ph3PAu)5C+, producido por Schmidbauer e outros.[5]

Preparación[editar | editar a fonte]

Os ións carbonio poden obterse tratando alcanos con ácidos moi fortes.[6] Industrialmente, fórmanse no refinado do petróleo durante o cracking térmico primario.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 George Andrew Olah (1972). "Stable carbocations. CXVIII. General concept and structure of carbocations based on differentiation of trivalent (classical) carbenium ions from three-center bound penta- of tetracoordinated (nonclassical) carbonium ions. Role of carbocations in electrophilic reactions". J. Am. Chem. Soc. 94 (3): 808–820. doi:10.1021/ja00758a020. 
  2. "Carbonium ion". Compendium of Chemical Terminology (the "Gold Book") (2ª ed.). IUPAC.  (2006–) [1997]. 
  3. Doo Wan Boo and Yuan T. Lee (1995), "Infrared spectroscopy of the molecular hydrogen solvated carbonium ions, CH5+(H2)n (n=1–6)". J. Chem. Phys. volume 103, page 520; doi 10.1063/1.470138
  4. L. I. Yeh, J. M. Price, and Y. T. Lee (1989), "Infrared spectroscopy of the pentacoordinated carbonium ion C2H7+". Journal of the American Chemical Society, volume 111, pages 5591-5604. doi 10.1021/ja00197a015
  5. George A. Olah (1998), "Onium Ions". John Wiley & Sons, 509 pages. ISBN 9780471148777
  6. Sommer, J.; Jost, R. (2000-01-01). "Carbenium and carbonium ions in liquid- and solid-superacid-catalyzed activation of small alkanes". Pure and Applied Chemistry 72 (12): 2309–2318. ISSN 1365-3075. doi:10.1351/pac200072122309. 
  7. Office of Energy Efficiency and Renewable Energy, U.S. DOE (2006). "Energy Bandwidth for Petroleum Refining Processes"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]