Saltar ao contido

Iñaki Castiñeira Alemany

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIñaki Castiñeira Alemany

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1989 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Vic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata

Facebook: inaki.castineiraalemany Instagram: inaki.castineiraalemany Editar o valor en Wikidata

Iñaki Castiñeira Alemany, nado en Vic-Barcelona o 9 de xuño de 1989, é un empresario galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desde moi novo estivo ligado a Taboada (pai de Piñeira), onde pasaba as vacacións. Desde 2020 asentouse en Chantada coa súa parella. Estudou no Colexio Sagrat Cors de Torelló e bacharelato técnico no Colexio de La Salle de Manlleu, cun grao superior de Informática e sistemas.

Traballou na empresa Cotronic e en 2011 fundou CFT para traballar nas redes de fibra óptica. En 2017 creou CITELFO S.L. En febreiro de 2021 creou en Chantada A Túa Xanela[2] para comercializar servizos de telefonía, Internet e fibra óptica[3] sobre todo no rural.[4] Nos anos seguintes abriu máis tendas e asentouse no Polígono Industrial Os Acivros. A Túa Xanela contaba en 2024 con catro tendas, máis de cen traballadores e de 12.000 clientes.[5]

Iñaki Castiñeira foi elixido presidente da Asociación de Empresarios de Chantada - CCA Ribeira Sacra en 2024.[6]

  1. X.M.F (2023-02-12). "“É un orgullo chegar a aldeas que nunca pensaron ter unha conexión de fibra óptica”, Iñaki Castiñeira". Xornal de Lemos. Consultado o 2024-10-31.
  2. "Xanela - Fibra rural en Galicia". Xanela (en castelán). Consultado o 2024-10-31.
  3. Lugo, El Progreso de (2022-06-15). "Castiñeira: "Hay muy buenas empresas en el rural que no pueden llevar a cabo su actividad"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-10-31.
  4. García Calvo, Lorena (2024-04-21). "Iñaki Castiñeira, de A Túa Xanela: «Empezamos llevando fibra a aldeas de 100 vecinos y ahora vamos incluso a las de 3»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-10-31.
  5. "Iñaki Castiñeira, fundador de A Túa Xanela, obtiene el premio Billó de Ouro". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-11-06. Consultado o 2024-11-06.
  6. Piñeiro, Miguel (2024-01-30). "A asociación de empresarios de Chantada ten nova directiva e o seu presidente é Iñaki Castiñeira, da Túa Xanela". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-10-31.
  7. El Progreso-Ribeira Sacra. A. L. "El premio Billó de Ouro será este año para el empresario Iñaki Castiñeira". 23 de outubro de 2024
  8. Lugo, El Progreso de (2024-11-16). "Premio Billó de Ouro al CEO de A Túa Xanela: "Empezamos como negocio familiar y somos el mayor operador de Galicia"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-11-16.