Hydrangeaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hydrangeaceae

Hydrangea macrophylla
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Cornales
Familia: Hydrangeaceae
Subfamilias
Sinonimia
  • Hortensiaceae
  • Kirengeshomaceae
  • Philadelphaceae
  • [1]

Hydrangeaceae (as hidranxeáceas) é unha familia pertencente á orde Cornales, cunha ampla distribución en Asia e América do Norte, e localmente en Europa.

A familia inclúe 17 xéneros, porén algúns botanistas dividen a familia en dous, con sete xéneros separados na familia Philadelphaceae.

Os xéneros caracterízanse polas follas opostas e flores regulares, bisexuais con 4 pétalos (raramente 5-12). O froito é unha cápsula ou unha baga que contén varias sementes. As sementes teñen endospermo carnoso.

A popular planta ornamental hortensia pertence a esta familia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son arbustos, rubideiras ou herbas rizomatosas; plantas hermafroditas. Follas opuestas, ás veces verticiladas ou alternas, enteiras, dentadas ou lobadas; estípulas ausentes. Inflorescencias en cimas corimbiformes a paniculiformes, flores epíxinas ou ás veces hipóxinas, maiormente actinomorfas, mais ás veces con algúns sépalos petaloides agrandados nas flores marxinais; sépalos 4–5 (–12), valvados ou imbricados; pétalos 4–5 (–12), ceibos, valvados, imbricados ou convolutos; estames en dobre número ca os pétalos ou máis numerosos, filamentos ceibos; xineceo de 3–5 (–12) carpelos unidos formando un ovario plurilocular, 1–varios óvulos, estilos libres ou curtamente unidos no baseamento; disco intrastaminal presente. Froito: unha cápsula ou baga; sementes con embrión recto e endosperma carnoso.[1]

Xéneros[editar | editar a fonte]

O xénero Pottingeria é algunhas veces incluído en Hydrangeaceae, mentres outros inclúena en Balanophoraceae, ou na súa propia familia Pottingeriaceae.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hydrangeaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden: Flora de Nicaragua. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fl. Guat. 24(4): 416–421. 1946; Fl. Pan. 37: 137–145. 1950; E. McClintock. A monograph of the genus Hydrangea. Proc. Calif. Acad. Sci., ser. 4, 29: 147–255. 1957.