Hussein Ahmed Salah
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de decembro de 1956 Ali Sabieh, Djibuti (pt) |
| Altura | 180 cm |
| Peso | 64 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | maratoniano, fondista |
| Nacionalidade deportiva | Djibuti |
| Deporte | atletismo |
| Disciplina deportiva | Maratón |
| Participou en | |
| 1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
| 1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
| 1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
| 28 de xullo de 1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
Hussein Ahmed Salah (árabe: حسين أحمد صلاح; en somalí: Xuseen Axmed Saalax), nado en Ali Sabieh o 31 de decembro de 1956, é un corredor djibutiano de longa distancia. Especializado na proba de maratón, na cal chegou a ser dúas veces subcampión do mundo, en 1987 e 1991.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No Mundial de Roma 1987 gañou a medalla de prata no maratón, chegando á meta tralo kenyano Douglas Wakiihuri e por diante do italiano Gelindo Bordin. Nos anos seguintes, gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl na mesma proba.
E tres anos máis tarde, no Mundial de Toquio 1991, volveu gañar a medalla de prata, quedando tralo xaponés Hiromi Taniguchi e por diante do estadounidense Steve Spence.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hussein Ahmed Salah". IAAF. Consultado o 1 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ahmed Salah en World Athletics (en inglés)
- Hussein Ahmed Salah no Comité Olímpico Internacional (en inglés)