Saltar ao contido

Hunter × Hunter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hunter × Hunter

Tiposerie de manga Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoanime e manga de acción, anime e manga fantástico, anime e manga de aventuras e anime e manga de comedia dramática Editar o valor en Wikidata
FranquíaHunter × Hunter Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aYoshihiro Togashi Editar o valor en Wikidata
Ilustrador/aYoshihiro Togashi Editar o valor en Wikidata
Temática
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
EditorialJump Comics, VIZ Media, Elex Media Komputindo e Panini Comics Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aCrunchyroll e Hulu Editar o valor en Wikidata
Público obxectivoShōnen Editar o valor en Wikidata
Unidades vendidas84000000 (17 de febreiro de 2025) Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo3 de marzo de 1998 Editar o valor en Wikidata
Obra derivada
Contacto
Páxina WEBvap.co.jp… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Hunter × Hunter é unha serie de manga xaponesa escrita e ilustrada por Yoshihiro Togashi. Comezou a publicarse na revista Shūkan Shōnen Jump, de Shueisha, en marzo de 1998, aínda que dende 2006 sufriu pausas editoriais frecuentes. A data de setembro de 2024, conta cun total de 38 volumes. A historia céntrase en Gon Freecss, un rapaz que parte nunha viaxe para converterse en cazador (en xaponés: ハンター, Hantā), un tipo de profesional especializado en actividades como a localización de animais descoñecidos e exóticos, a procura de tesouros, a investigación de territorios inexplorados ou a detención de criminais. Gon intenta atopar ao seu pai, un célebre cazador que o abandonou cando era moi pequeno. No seu camiño, coñece a numerosos cazadores e enfróntase a fenómenos paranormais.

Nippon Animation adaptou a obra nun anime de 62 episodios, dirixido por Kazuhiro Furuhashi. Emitiuse en Fuji Television entre outubro de 1999 e marzo de 2001. A mesma empresa desenvolveu tres OVA, cun total de 30 episodios, entre 2002 e 2004. Unha nova adaptación por parte do estudio Madhouse emitiuse en Nippon Television entre outubro de 2011 e setembro de 2014, con 148 episodios e dúas longametraxes. Existen tamén múltiples álbums, videoxogos, musicais e outras obras baseadas no manga.

Hunter × Hunter é un éxito a nivel comercial e de crítica, converténdose nun dos mangas máis vendidos da historia con 84 millóns de copias en circulación a data de xullo de 2022.