Humberto I de Savoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Humberto I de Savoia
Umberto Biancamano.jpg
Nacementoc. 980
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecementoc. 1047
Lugar de falecementoHermillon
Soterradovalor descoñecido
Ocupaciónsenhor
CónxuxeAncelie
FillosOddon, Conde de Saboia, Amadeu I, Conde de Saboia, Burchard e Aymon
IrmánsOdon
editar datos en Wikidata ]

Humberto I de Maurienne e Belley (máis tarde tamén de Chablais), chamado Humberto das mans brancas, nado no Reino de Borgoña cara ao 980 e finado en Hermillon, condado de Savoia, o 1 de xullo de 1048, foi o primeiro conde de Maurienne, que foi o embrión da futura Savoia (1032 - 1048) e o iniciador da posterior chamada dinastía Savoia no que se había converter no condado do mesmo nome.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu ao redor do 980 nunha aldea da actual Maurienne, daquela parte do Reino de Borgoña e agora parte de Savoia. Era descendente da nobreza saxoa, italiana, borgoñona ou provenzal. Chamárono "o das mans brancas" pola súa gran xenerosidade ao longo da súa vida.

Morreu na aldea de Hermillon, agora no departamento francés de Savoia, o 1 de xullo de 1048.

Subida ao trono condal[editar | editar a fonte]

Durante as guerras entre Rodolfo III de Borgoña e Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico, Humberto apoiou a este cedendo provisións e soldados polos seus lazos familiares. Como resultado desta axuda, o emperador Henrique II nomeouno conde de Aosta, unha rexión montañosa do Reino de Borgoña e concedeulle o norte de Vienés. Pola súa situación nestas terras, Humberto protexeu o flanco do exército de Henrique durante a súa invasión da península italiana en 1004.

As terras de Humberto eran esencialmente autónomas á morte de Henrique II grazas á súa inaccesibilidade e importancia reducida. Así, en 1032, na desintegración do Reino de Borgoña pola morte de Rodolfo III sen descendentes dividiuse o condado de Viena no condado de Albon e Maurienne por Conrado II do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Matrimonio e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou con Ancilla de Lenzbourg, filla do mestre de cerimonias do Reino de Borgoña, con quen tivo catro fillos coñecidos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]