Hugo van der Goes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHugo van der Goes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1440 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Gante Editar o valor em Wikidata
Morte1482 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Red Cloister (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos borgoñóns Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Gante (1467 (Gregoriano)–1482 (Gregoriano)) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , history painter (en) Traducir , artista , debuxante , miniaturista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura flamenga primitiva Editar o valor em Wikidata
AlumnosAert van den Bossche (pt) Traducir e Juan de Flandes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaFlamengo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: e44ddc0b-932a-433a-9164-c25a6940e975 Discogs: 2249326 Editar o valor em Wikidata

Hugo van der Goes, nado en Gante, ca. 1440 e finado en Auderghem, preto de Bruxelas en 1482, foi un pintor flamengo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Van der Goes naceu en Gante, mais ignórase a data exacta, aínda que se ten suposto que arredor de 1430. Fontes documentais recollen que no ano 1467 foi inscrito na confraría de pintores de Gante como mestre. Debeu gozar de respecto grande, porque a petición súa foron acollidos na confraría polo menos tres pintores; por outra banda chegou a ser decano da dita asociación entre 14734 e o 18 de agosto de 1475. Con frecuencia foi contratado polo goberno da cidade como pintor de bandeiras e estandartes e doutras obras de carácter menor, máis necesarias nas cerimonias da época.

No 1477 retirouse, como frade leigo, ao mosteiro Roode Kloster (Cruz Rosada), preto de Bruxelas, onde morreu en 1482, logo dunha grave doenza mental.

Obra[editar | editar a fonte]

As primeiras informacións certas sobre Vander Goes sitúano en Bruxas no 1468, onde colabora na decoración para as festas en celebración da vodas do duque de Borgoña, Charles o Temerario.

Entre 1476 e 1477, executa para Tommaso Portinari, representante dos Médici en Bruxas, o tríptico Portinari. É a súa obra máis célebre, sen dúbida, de grandes dimensións para a época (253 x 586 cm), e realizado case xa no final da súa carreira. Unha vez que o tríptico chegou a Florencia (onde se expón na actualidade na Galería Uffizi), exerceu unha enorme influencia sobre os pintores florentinos. Ghirlandaio, Filippino Lippi e Leonardo da Vinci, ademais doutros artistas, que estudaron a pintura como unha das primeiras obras mestras flamengas chegadas a Italia.

A pesar da sona da obra devandita, aínda en ámbito flamengo se conserva a extraordinaria Dormitio Virginis (Morte da Virxe), hoxe no Groeningemuseum de Bruxas, revolucionaria polos seus escorzos, disposición de masas e penetración psicolóxica na representación das personaxes.

A Adoración dos Magos de Van der Goes, exposta en Monforte, vendeuse en 1913.

Outras célebres obras son outra Adoración dos Magos, dita Retablo de Monforte (até o ano 1913 exposta no Colexio da nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos), hoxe en Berlín, na Gemäldegalerie, e a Caída de Adán, pertencente na actualidade ao Kunsthistorisches Museum de Viena.

Outras obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]