Hugo Gonçalves
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de xullo de 1976 Sintra |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Premios | |
Hugo Gonçalves, nado en Sintra o 9 de xullo de 1976, é un escritor e xornalista portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Sintra, Portugal, o 9 de xullo de 1976. Estudou Comunicación Social no ISCSP e debutou como xornalista como membro fundador da revista Focus. No ano 2000, recibiu o Premio Revelación do Club de Prensa Portugués pola súa reportaxe "Esto es el fin del mundo", sobre as inundacións en Venezuela en decembro de 1999.
Escritor de varias novelas, recibiu o Premio Fernando Namora 2024 polo libro "Revolução".[1] Autor de series de televisión como País Irmão (RTP) e Até que a vida nos separe (Netflix) , foi o guionista das tres tempadas da serie Rabo de Peixe (Netflix).
Viviu e foi correspondente de varias publicacións portuguesas en Nova York, Madrid e Río de Xaneiro.
Ao longo da súa carreira escribiu reportaxes e crónicas para o Jornal de Notícias, Diário Económico, o xornal i, Expresso, revista Visão, onde colaborou con "Crónica do Rio" e Diário de Notícias, onde escribiu as crónicas "Postais dos Trópicos" e "Máquina de escribir".
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]- O Maior espectáculo do mundo (2004)
- O Coração dos homens (2006)
- Fado, samba e beijo com língua (2011)
- Enquanto Lisboa arde o Rio de Janeiro pega fogo (2013)
- Postais dos Trópicos - um português à solta no Rio de Janeiro (ebook) - (2015)
- O Caçador do Verão (2015)
- Filho da Mãe (2019)[2]
- Deus Pátria Família (2021)[2]
- Revolução (2023) - Prémio Fernando Namora[2]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2026: Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, por Revolución.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hugo Gonçalves vence Prémio Literário Fernando Namora Estoril Sol 2024 - Penguin Livros" (en portugués). 2024-10-31. Consultado o 2025-07-30.
- 1 2 3 «Romance Revolução, de Hugo Gonçalves, vence o Prémio Literário Fernando Namora». Público. publico.pt. 31 de outubro de 2024. Consultado em 14 de novembro de 2024
- ↑ "Hugo Gonçalves, Andrés Neuman e Nerea Pallares gañan o Premio San Clemente". La Voz de Galicia. 2026-10-28. Consultado o 2026-10-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crónica de Río, revista Visão
- Texto no xornal Globo sobre o 40 aniversario do 25 de abril
- Texto no xornal Globo sobre as manifestacións de 2013 no Brasil
- Texto da crítica Helena Vasconcelos sobre "O maior espectáculo do mundo" Arquivado 12 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- Texto da crítica Helena Vasconcelos sobre "O corazón dos homes" Arquivado 12 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- Entrevista co autor en RTP
- "O libro do día" Arquivado 11 de outubro de 2014 en Wayback Machine., en TSF