Hubert Frère
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de xullo de 1920 Liexa, Valonia, Bélxica. |
| Morte | 20 de marzo 1999 Liexa, Valonia, Bélxica. |
| Cargos | |
| Presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica | |
| Período | 1996 – 1999 |
| Antecesor | Luc Smolderen |
| Sucesor | Pierre Cockshaw |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade de Liexa. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática. |
| Ocupación | numismático |
| Empregador | Universidade de Liexa. Universidade Católica de Lovaina. |
| Membro de | Sociedade Real de Numismática de Bélxica. Instituto Arqueolóxico de Liexa. Círculo Numismático de Liexa. Círculo de Estudo da Numismática de Liexa. Instituto Arqueolóxico de Liexa. |
Hubert Frère, nado en Liexa o 15 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1999, foi un xurista e numismático belga, especializado na moeda do Principado de Liexa.
Entre outras entidades, foi presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Frère, nado en Liexa en 1920, cursou a educación secundaria na súa cidade natal e logo ingresou na Universidade de Liexa, onde se doutorou en Dereito e se especializou en Notariado.[1]
Á marxe da súa dedicación á xudicatura, Frère é moi recoñecido como numismático, e destaca o seu interese polas emisións monetarias do Principado Episcopal de Liexa. Nesta cidade, foi un dos fundadores do Círculo Numismático, no que exerceu varios cargos, e tamén creou o Círculo de Estudo da Numismática.[1]
En 1950 ingresou como membro correspondente na Sociedade Real de Numismática de Bélxica, e en 1958 pasou a ser membro de pleno dereito. Nesta sociedade ocupou os cargos de interventor (1970-1988), vicepresidente (1988-1995) e finalmente presidente (1996-1999).[1]
Tamén se interesou polos estudos históricos e arqueolóxicos. O 25 de xaneiro de 1949 ingresou no Instituto Arqueolóxico de Liexa, onde tamén desempeñou diversos cargos, entre eles o de presidente.[1][2]
Como resultado dos seus amplos coñecementos e das súas investigacións na materia, Frère foi profesor de Numismática tanto na Universidade de Liexa como na Universidade Católica de Lovaina.[2] Nos seus artigos e nas súas conferencias centrouse habitualmente nas emisións do principado episcopal de Liexa, sinaladamente na produción das cecas de Liexa, Huy e Maastricht.[1]
Hubert Frère finou en Liexa o 20 de marzo de 1999, aos 78 anos.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Estas son algunhas das publicacións de Hubert Frère ao longo da súa traxectoria:[3]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1977). Le Denier carolingien, spécialement en Belgique. Séminaire de numismatique Marcel Hoc, Louvain-la-Neuve.[4][5]
- (1982). Numismatique, initiation aux méthodes et aux classements. Séminaire de numismatique Marcel Hoc, Louvain-la-Neuve. ISBN ISBN 978-2-930449-03-6
Escolma de artigos
[editar | editar a fonte]- (1961). "Monnaies de L'évêque de Liège Frappées À Maastricht". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 107. Páxinas 83-116.
- (1961). "Accroissement du médaillier liégeois du Musée Curtius". En Chronique archéologique du Pays de Liège. Institut archéologique liégeois. Páxinas 30-37.
- (1966). "Le droit de monnaie de l'évêque de Liège". En Revue numismatique. 8. Páxinas 70-88.
- (1977). "Les noms de lieux sur les monnaies carolingiennes de "Belgique". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 123. Páxinas 133-148.
- (1991). "Les trouvailles de monnaies antiques et médiévales à Liège". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 137. Páxinas 201-210.
- (1996). "Études de numismatique liégeoise. La monnaie de Notger". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 142. Páxinas 53-124.
- (1997). "Études de numismatique liégeoise. Les premières monnaies de l'Église de Liège". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 143. Páxinas 113-124.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 Dengis, J-L. (2000).
- 1 2 Engen, L. (1999). Páxina 5.
- ↑ "Frère, Hubert". Regesta-imperii.de
- ↑ Recensión do libro por D. Michel. En Revue du Nord. 1978. 239. Páxinas 902-903.
- ↑ Recensión do libro por D. Françoise. En Revue Numismatique. 1977. 19. Páxinas 213-214.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dengis, J-L. (2000). "In memoriam Hubert Frère (Liège 15 juillet 1920-Liège 20 mars 1999)". En Revue Belge de Numismatique et de Sigillographie. Société royale de numismatique de Belgique. 146. Páxinas V-VII.
- Engen, L. (1999). "In memoriam: Hubert Frère (1920-1999)". En Chroniques d'archéologie et d'histoire du Pays Liége. Institut archéologique liégeois. Tomo 1. Nº 4-8. Páxinas 5-6.
| Predecesor: Luc Smolderen |
Presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica 1996 - 1999 |
Sucesor: Pierre Cockshaw |