Saltar ao contido

Huang Lisha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHuang Lisha

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Shijiazhuang (República Popular da China) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
Altura150 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Paralímpicos de Londres 2012
setembro de 2008Jogos Paralímpicos de Verão de 2008 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Huang Lisha (en chinés: 黄丽莎; pinyin: Huáng Lìshā), nada en Shijiazhuang o 10 de setembro de 1988, é unha atleta paralímpica chinesa que compite na categoría T53 para atletas en cadeira de rodas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cando era nena, perdeu o uso das súas pernas despois de padecer poliomielite.[1][2]

Seis veces campioa paralímpica, gañou a medalla de ouro nos 100 metros T53 nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016.[3] En 2008 gañou a súa primeira medalla de ouro olímpica nos 100 m T53 coa marca de 16.22 segundos.[4] Catro anos despois, conservou o seu título paralímpico ao derrotar á súa compatriota Zhou Hongzhuan e á australiana Angela Ballard.[5] Nos Xogos de 2016, o podio foi o mesmo que en Londres, onde Huang gañou a súa terceira medalla de ouro consecutiva cunha marca de 16.28 segundos. Repetiu a fazaña mantendo o seu título a proba de 200 m na categoría T53 en dúas paralímpiadas consecutivas[6][7] e tamén gañando ouro no 4 x 100 m relevos cos seus compatriotas.[8]

En Doha de 2015, durante o Campionato Mundial de Atletismo Paralímpico, gañou o ouro a proba de 100 m diante da turca Hamide Kurt e a bermudana Jessica Cooper Lewis,[9] daquela o bronce nos 400 m detrás da australiana Angela Ballard e a súa compatriota Zhou Hongzhuan.[10]

Palmarés deportivo

[editar | editar a fonte]

Xogos Paraolímpicos

[editar | editar a fonte]
  1. Doyle, David. "Paralympic Games: a shared history of tragedy". Channel 4 News (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  2. "China's Huang wins third straight 100m T53 gold at Rio Paralympics - China.org.cn". www.china.org.cn (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  3. "China's Huang wins third straight 100m T53 gold at Rio Paralympics(1/2)". ecns (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  4. "China's Huang Lisha wins Women's 100m T53 gold - Official Website of the Chinese Olympic Committee". en.olympic.cn. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  5. Paralympic Games (4 de setembro de 2012). "Athletics - Women's 100m - T53 Final - London 2012 Paralympic Games". Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  6. amy_winters (19 de xaneiro de 2019). "Women's T53 200m Final - 2008 Beijing Paralympic Games". Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  7. Paralympic Games (7 de setembro de 2012). "Athletics - Women's 200m - T53 Final - London 2012 Paralympic Games". Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  8. "Biography". Paralympics (en inglés). 
  9. "100 m T53 - Medallists" (PDF). Olympics (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2019. 
  10. "400 m T53 - Medaillists" (PDF). Olympics (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2019.