Howard Keel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHoward Keel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Harold Clifford Keel Editar o valor em Wikidata
13 de abril de 1919 Editar o valor em Wikidata
Gillespie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Palm Desert, California, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata)
10º President of SAG (en) Traducir
1958 – 1959
← Leon AmesRonald Reagan → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesHoward Keel Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónFallbrook Union High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , actor de cinema , actor de televisión , actor de teatro , cantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata - 2002 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBaixo-barítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCharles Homer Keel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Grace M Osterkamp (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0444476 Allocine: 1562 Rottentomatoes: celebrity/howard_keel Allmovie: p37315 TCM: 99828 IBDB: 47624
Musicbrainz: d78afc01-f918-440c-89fc-9d546a3ba4ac Discogs: 993736 Allmusic: mn0000827265 WikiTree: Keel-342 Find a Grave: 9769336 Editar o valor em Wikidata

Harold Clifford Keel, nado en Gillespie (Illinois) o 13 de abril de 1919 e finado en Palm Desert (California) o 7 de novembro de 2004,[1] coñecido profesionamente como Howard Keel, foi un actor e cantante estadounidense célebre pola súa voz de baixo-barítono[2] e pola súa participación en musicais e na serie de televisión Dallas entre 1981 e 1991.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Howard Keel era fillo de Homer Keel e Grace Osterkamp Keel. Pasou a súa infancia na pobreza e trala morte do seu pai en 1930, trasladouse a California coa súa nai. Alí graduouse na Fallbrook High School aos 17 anos e traballou en diversas ocupacións ata chegar á Douglas Aircraft Company, empresa para a que foi viaxante comercial.

Aos vinte anos, a súa rendeira escoitouno cantar por casualidade e estimulouno para que tomase leccións de canto. Admiraba o gran barítono Lawrence Tibbett,[3] e Keel máis tarde declarou que unha das súas maiores decepcións foi que a súa voz fose de baixo. Non obstante, a súa primeira actuación en público chegou no verán de 1941 interpretando o papel do profeta Samuel no oratorio de Georg Friedrich Händel Saul cantando un dúo co baixo barítono George London.

En 1943, Harold coñeceu e casou coa súa primeira esposa, a actriz Rosemary Cooper. En 1945 foi suplente de John Raitt no éxito de Broadway Carousel,[4] antes de ser designado para traballar en Oklahoma! de Richard Rodgers e Oscar Hammerstein II.[2] Durante este tempo conseguiu algo nunca repetido: actuou no papel principal de ambas as obras nun mesmo día.

En 1947 Oklahoma! foi o primeiro gran musical estadounidense da posguerra que viaxou a Londres e Keel foi coa función.[2] A noite da estrea, 30 de abril, no Teatro Drury Lane, a audiencia, entre a que se atopaba a futura raíña Isabel, pediu catorce bises. Keel foi aclamado como unha grande estrela e a súa fama estendeuse polo West End.

Durante a súa estadía en Londres, o matrimonio de Keel e Rosemary acabou en divorcio e Harold namorouse dunha corista da obra, a bailarina Helen Anderson. Casaron en xaneiro de 1949 e un anos despois Harold, xa chamado Howard, e a súa esposa foron pais dunha nena, Kaija.

Aínda vivindo en Londres, Keel debutou no cinema co filme da produtora de Elstree British Lion, The Small Voice (1948),[1] estreado nos Estados Unidos como Hideout,[2] onde interpretaba un preso fuxido, que asaltaba un dramaturgo e a súa esposa na súa casa da campiña inglesa.[5]

Anos coa MGM[editar | editar a fonte]

Do West End de Londres, Howard pasou á Metro-Goldwyn-Mayer, facendo o seu debut nun filme musical co papel de Frank Butler en Annie Get Your Gun. O filme converteu a Keel nunha estrela.[6]

A carreira de Keel coa MGM foi frustrante. Parecía que MGM nunca soubo que facer exactamente con el. Á marxe de papeis ben remunerados nos filmes Show Boat, Kiss Me, Kate, Sete noivas para sete irmáns e Kismet, viuse forzado a traballar en diferentes musicais de escaso valor e en títulos de serie B. Nun préstamo coa Warner Bros, interpretou a Wild Bill Hickok en Calamity Jane, un musical moi popular rodado en 1953 e protagonizado por Doris Day nun dos seus papeis máis famosos na pantalla. O filme foi a resposta da Warner a Annie Get Your Gun.

En 1952 Howard e Helen tiveron unha filla, Kirstine, e en 1955 un fillo, Gunnar. Pouco tempo despois, Keel viuse liberado do seu contrato e puido volver á súa primeira paixón, o teatro.

Anos sesenta e setenta[editar | editar a fonte]

Tristemente, ao cambiar os gustos estadounidenses polo entretemento, fíxose cada vez máis difícil atopar novos traballos. Os anos sesenta déronlle poucas oportunidades para o avance da súa carreira, polo que traballou en clubs nocturnos, westerns de serie B e teatro de verán. Debido á tensión, Keel comezou a beber demasiado, o que fixo fracasar o seu matrimonio con Helen. Divorciáronse en 1970. A pesar de todo, ese non foi un mal ano para Kell, xa que coñeceu a azafata de 25 anos Judy Magamoll, que nunca ouvira falar del. Tras algunhas dúbidas pola diferenza de idade, iniciaron unha relación e finalmente casaron en decembro dese mesmo ano.[1]

A partir dese momento cesaron os seus problemas coa bebida, retomou a súa rutina nos clubs, nos cabarés e no teatro de verán, acompañado da súa esposa, e en 1971-72 actuou brevemente en representacións do West End e en Broadway do fracasado musical Ambassador. En 1974, aos 55 anos, tivo outra filla, Leslie Grace.

The Love Boat, Dallas e revitalización da súa carreira[editar | editar a fonte]

Howard continuou a viaxar xunto coa súa esposa e a súa filla, mais en 1980, canso de procurar traballo, trasladouse a Oklahoma, coa intención de traballar para unha petroleira. Nada máis instalarse chamárono para ir a California a actuar con Jane Powell nun episodio de The Love Boat. Estando aló, chamárono os produtores da serie Dallas. Tras varios cameos, uniuse de forma permanente ao elenco interpretando a Clayton Farlow,[2] co que a súa carreira logrou unha popularidade nunca antes acadada.

Carreira discográfica[editar | editar a fonte]

Coa súa fama recuperada, Howard iniciou unha carreira discográfica en solitario aos 64 anos, ao mesmo tempo que unha serie de concertos de éxito no Reino Unido. Estreou un álbum en 1984 titulado With Love, que non tivo grandes vendas, o que indicaba que aínda que o público estadounidense o apreciaba polo seu traballo na televisión, non ía conseguir a súa anterior fama.

Tralo seu traballo en Dallas continuou a cantar, mantendo a súa voz en boa forma. En 1994, el e Judy trasladáronse a Palm Desert, California. A parella foi moi activa en actos humanitarios, axudando a súa comunidade e obtendo o aprecio dos residentes. Ata o ano da súa morte asistiu ao anual Howard Keel Golf Classic no Club Mere Golf en Cheshire, Inglaterra, que proporcionaba fondos para a National Society for the Prevention of Cruelty to Children (NSPCC).

Pasamento[editar | editar a fonte]

Howard Keel faleceu no seu domicilio de Palm Desert en 2004, seis semanas despois de que lle diagnosticasen un cancro de colon.[7] Foi incinerado e as súas cinzas dispersáronse nos seus lugares favoritos, incluídos o Club Mere Golf, o Aeropuerto Internacional de Liverpool e a Toscana.

Howard Keel foi o pai do director de produción Leslie Keel e avó dos actores Mico Olmos e Bodie Olmos.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1948 The Small Voice Boke Título alternativo: The Hideout
1950 Annie Get Your Gun Frank Butler
1950 Pagan Love Song Hazard Endicott
1951 Three Guys Named Mike Mike Jamison
1951 Show Boat Gaylord Ravenal
1951 Texas Carnival Slim Shelby
1951 Across the Wide Missouri Narrator Voz, sen acreditar
1951 Callaway Went Thataway Stretch Barnes / Smoky Callaway Título alternativo: The Star Said No
1952 Lovely to Look At Tony Naylor
1952 Desperate Search Vince Heldon
1952 The Hoaxters Narrador Documental
1953 Fast Company Rick Grayton
1953 Unha vida por outra King Cameron
1953 Calamity Jane Wild Bill Hickok
1953 Kiss Me Kate Fred Graham / "Petruchio"
1954 Rose Marie Capt. Mike Malone
1954 Sete noivas para sete irmáns Adam Pontipee
1954 Deep in My Heart
1955 Jupiter's Darling Aníbal
1955 Kismet The Poet
1959 Floods of Fear Donovan
1959 The Big Fisherman Simon Peter
1961 Armored Command Col. Devlin
1962 The Day of the Triffids Bill Masen
1965 The Man from Button Willow Vocalista Sen acreditar
1966 Waco Waco
1967 Red Tomahawk Capt. Tom York
1967 The War Wagon Levi Walking Bear
1968 Arizona Bushwhackers Lee Travis
1994 That's Entertainment! III El mesmo
2002 My Father's House Roy Mardis

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Obituary: Howard Keel". The Guardian (en inglés). 2004-11-09. Consultado o 2022-03-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Colin Larkin, ed. (1997). The Virgin Encyclopedia of Popular Music (Concise ed.). Virgin Books. pp. 699/700. ISBN 1-85227-745-9. 
  3. "Actor Howard Keel Dies". www.cbsnews.com (en inglés). Consultado o 2022-03-03. 
  4. "Carousel – Broadway Musical – 1957 Revival". IBDb.com. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  5. "Annie's Handsome Man.". The Sunday Herald (Sydney). 18 de xuño de 1950. p. 4 Supplement: Features. Consultado o 17 de xullo de 2012 – vía National Library of Australia. 
  6. The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. .
  7. Whitaker, Sheila (9 de novembro de 2004). "Howard Keel". The Guardian. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]