How Strange, Innocence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

How Strange, Innocence
Álbum de Explosions in the Sky
Publicado17 de xaneiro de 2000
Duración48:50
Xénero(s)post-rock
Selo(s)Sad Loud America
Cronoloxía
- How Strange, Innocence Those Who Tell the Truth Shall Die, Those Who Tell the Truth Shall Live Forever

How Strange, Innocence é o álbum de estrea da banda estadounidense de post-rock Explosions in the Sky, publicado o 17 de xaneiro de 2000 a través do selo Sad Loud America. Inicialmente só se editaron 300 copias en forma de CDs regravables. Debido á cantidade de peticións o álbum foi remasterizado a partir das cintas orixinais, recibiu unha nova portada e reeditouse en CD a través do selo Temporary Residence Limited o día 11 de outubro de 2005.

O disco tamén foi publicado nunha edición limitada de 300 copias de dous vinilos de 180 gramos polo selo Ruined Potential Records. Foi editado en cinco cores distintas (negro, azul, vermello, gris e branco). As versións en negro, azul e gris veñen cun inserto especial. A banda vendeu a versión en vinilo exclusivamente na súa xira de 2004.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "A Song for Our Fathers"   5:43
2. "Snow and Lights"   8:17
3. "Magic Hours"   8:29
4. "Look into the Air"   5:30
5. "Glittering Blackness"   5:30
6. "Time Stops"   9:55
7. "Remember Me as a Time of Day"   5:27
48:50

Notas[editar | editar a fonte]