How Do You Know
| How Do You Know | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
How Do You Know é un filme estadounidense de 2010 dirixido, escrito e producido por James L. Brooks. Está protagonizado por Reese Witherspoon, Owen Wilson, Paul Rudd e Jack Nicholson no seu derradeiro papel no cinema. Foi o terceiro filme protagonizado por Witherspoon e Rudd despois de Overnight Delivery e Monsters vs. Aliens. A trama segue á xogadora de softbol Lisa (Witherspoon), que se ve atrapada nun triángulo amoroso entre dous homes: o encantador xogador de béisbol Matty (Wilson) e George (Rudd), un home de negocios acusado de fraude.
Rodouse en Filadelfia e Washington, D.C. e estreouse o 17 de decembro de 2010. Foi un fracaso de recadación, conseguindo só 49 millóns de dólares sobre un orzamento de 120 millóns, e recibiu valoracións dispares por parte da crítica. Foi o derradeiro filme dirixido por Brooks.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Reese Witherspoon como Lisa Jorgenson
- Karsen Skinner e Kendel Skinner como Lisa de nena (sen acreditar)
- Owen Wilson como Matty Reynolds
- Paul Rudd como George Madison
- Jack Nicholson como Charles Madison
- Dean Norris como Tom
- Kathryn Hahn como Annie
- John Tormey como Doorman
- Yuki Matsuzaki como Tori
- Andrew Wilson como membro do equipo de Matty
- Shelley Conn como Terry
- Tony Shalhoub como psiquiatra
- Domenick Lombardozzi como Bullpen Pitcher
- Ron McLarty como avogado de George
- Lenny Venito como Al
- Mark Linn-Baker como Ron
- Molly Price como adestradora Sally
- Teyonah Parris como Riva
Bill Murray foi a elección orixinal de Brooks para o papel de Charles Madison.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Evans, Bradford (17 de febreiro de 2011). "The Lost Roles of Bill Murray". Splitsider. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 25 de maio de 2015.