Hovnan Derderian
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de decembro de 1957 Beirut |
| Arcebispo | |
| 3 de maio de 2003 – | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa apostólica armenia |
| Educación | Casa de Santo Estêvão, Oxford (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote, arcebispo |
| Consagración | Vazgen I (en) |
Hovnan Derderian, nado como Vahram Derderian o 1 de decembro de 1957 en Beirut (Líbano),[1] é un arcebispo apostólico armenio, actual primado da diocese dos Estados Unidos Occidentais, baixo a Santa Sé de Etchmiadzin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1970 e 1975 estudou no seminario teolóxico da Santa Sé de Cilicia, e posteriormente continuou os seus estudos no de Etchmiadzin.
O 8 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote célibe[nota 1] polo catholicos Vazken I, e tomou o nome monástico de "Hovnan".[1]
Entre 1980 e 1983 estudou Teoloxía no St Stephen's House da Universidade de Oxford. Logo de se graduar, ensinou Historia da Igrexa e Música Litúrxica no seminario de Etchmiadzin. En 1984 foi elevado a vardapet, ao obter o doutoramento en Teoloxía.
A partir de 1984 exerceu como pastor no Canadá, nunha igrexa de Toronto. En 1990 foi elixido primado da diocese do Canadá, e foi consagrado bispo o 7 de outubro de 1990 por Vazken I.[1] En 1993 foi elevado a arcebipo. En 1995 e 2000 foi reelixido por segunda e terceira vez primado do Canadá.
O 3 de maio de 2003 foi elixido primado da diocese dos Estados Unidos Occidentais.
Notas
[editar | editar a fonte]- Notas
- ↑ Na Igrexa Apostólica Armenia os sacerdotes poden ser ordenados célibes ou, se levan un ano de matrimonio e teñen un fillo, casados. Os sacerdotes célibes, unha vez ordenados, non poden casar.
- Referencias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na páxina web da diocese (páxina web actual) Arquivado 25 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
- Biografía na páxina web da diocese (antiga páxina web)
- Perfil en Orthodoxia.ch
| Títulos relixiosos | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Vazken Keshishian |
Primado do Canadá 1990 - 2003 |
Sucesor: Bagrat Galstanyan |
| Predecesor: Vatche Hovsepian |
Primado dos Estados Unidos Occidentais 2003 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
- Bispos da Igrexa apostólica armenia
- Nados en 1957
- Nados en Beirut
- Bispos ortodoxos orientais do Líbano
- Bispos ortodoxos orientais dos Estados Unidos de América
- Bispos ortodoxos orientais do Canadá
- Bispos ortodoxos orientais do século XX
- Bispos ortodoxos orientais do século XXI
- Alumnos da Universidade de Oxford