Hotel Viru
| Hotel Viru | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Forma xurídica
| |||||
|
Propietario/a
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
|
Inauguración
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
O Original Sokos Hotel Viru é un hotel situado en Talín, Estonia. Foi o primeiro rañaceos do país e está conectado co centro comercial Viru Keskus. É propiedade de Sokos Hotels.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Hotel Viru foi construído por Intourist, o monopolio turístico do goberno da Unión Soviética. A empresa encargada da construción foi Repo Oy, con sede en Savonlinna, Finlandia.[2] As obras comezaron en xullo de 1969, pero en decembro dese ano produciuse un incendio no décimo piso do edificio, o que levou á bancarrota a empresa finesa.[3] Posteriormente, outra empresa finesa, Haka Oy, finalizou a construción en maio de 1972 e o Hotel Viru abriu as súas portas o 14 de xuño dese mesmo ano.[4]
Durante a era soviética, o piso 23 do hotel albergaba un centro de escoitas da KGB, utilizado para espiar aos clientes. Sesenta habitaciones do hotel tiñan dispositivos de espionaxe ocultos, e algunas mesas do restaurante tamén estaban equipadas con micrófonos. A KGB abandonou o hotel pouco antes de que Estonia recuperase a súa independencia en agosto de 1991, pero as habitaciones segredas non foron descubertas ata 1994. Este antigo centro de radio funciona no presente como museo.[5]
En 2003 o hotel foi vendido ao Grupo S, unha organización cooperativa finesa de distribución polo miúdo. No presente conta con 516 habitacións.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Original Sokos Hotel Viru". www.greatvalueholidays.com (en inglés). Consultado o 2025-04-27.
- ↑ "Hotel Viru: A Finnish Trojan horse in Soviet Tallinn". News (en inglés). 2013-02-18. Consultado o 2025-04-27.
- ↑ Öhberg, Tony. "We Visited Estonian's First Skyscraper Hotel That Was Built by Finns 45 Years Ago - 18th Floor Reveals a Heartfelt Connection". Finland Today (en inglés). Consultado o 2025-04-27.
- ↑ "Iconic Viru Hotel turns 50 - The Baltic Guide Online". balticguide.ee (en inglés). 2022-05-16. Consultado o 2025-04-27.
- ↑ "Hotel Viru and KGB Museum". visitestonia.com (en inglés). Consultado o 2025-04-27.
- ↑ "Viru-hotelli tiennäyttäjänä SOK:n kansainvälistyessä". web.archive.org. 2011-01-04. Archived from the original on 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 2025-04-27.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hotel Viru |
| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
