Hormisdas, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hormisdas")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Hormisdas I
Pope Hormisdas.jpg
Hormisdas I
Alcume Santo Hormisdas I
Nacemento 450
  Frosinone
Falecemento 6 de agosto de 523
  Roma
Soterrado Basílica de San Pedro
Relixión catolicismo
Ocupación clérigo e sacerdote
Cónxuxe wife of Hormisdas
Fillos Silverio
Período 514 a 523
Coñecido/a por ser o papa n° 52 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Santo Hormisdas I, nado en Frosinone e finado en Roma o 16 de agosto de 523, foi elixido papa o 20 de xullo de 514. Antes de ser ordenado sacerdote estaba casado e é o pai do futuro papa Silverio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 525 encargoulle a Dionisio o Exiguo, un astrónomo e abade dun mosteiro romano, estabelecer como ano primeiro da era cristiá o do nacemento de Xesús. Dionisio errou nos seus cálculos, segundo agora se sabe, pois datou o reinado de Herodes I o Grande uns seis anos antes. Dionisio deduciu que Xesús nacera no ano 753 da fundación de Roma, cando en realidade correspondía ao 748.

Durante o seu pontificado san Bieito de Nursia fundou a orde dos beneditinos e a famosa abadía de Montecassino, destruída en 1944 nun bombardeo.

Estabeleceu que os bispados deixasen de ser outorgados por privilexios.

Faleceu en Roma o día 6 de agosto de 523.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.