Saltar ao contido

Honquenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Honquenia

Honckenya peploides
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Caryophyllidae
Orde: Caryophyllales
Familia: Caryophyllaceae
Subfamilia: Alsinoideae
Tribo: Alsineae
Xénero: ''Honckenya''
Especie: ''Honckenya peploides''

A honquenia (Honckenya peploides) é unha planta perenne da familia Caryophyllaceae e a única especie do xénero monotípico Honckenya.

Ilustración
Detalle das follas
Detalle da flor

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha planta herbácea perenne que alcanza os 10-25 cm de altura. Os talos son prostrados, radiais e ramosos. As follas son opostas, sésiles, sen estípulas, de 5-20 cm de lonxitude e 3-10 cm de ancho, ovadas a oblongo-elípticas. As súas follas grosas e carnosas e o seu recubrimento exterior firme protéxena ben contra os golpes da area nas ventadas e a abundancia de sal; son opostas; miden de 5 a 20 por 3 a 10 cm e teñen forma ovada a elíptica, agudas, con nervio e marxe hialina ou ondulada. Mide entre 10 e 25 cm de altura. Ten talos ramosos prostrados. As flores hermafroditas preséntanse solitarias e axilares ou en cimas até con 6 terminais, con pétalos enteiros (ás veces dentados ou escotados) de 4 por 3 mm e cor branca ou verdosa. O froito é unha cápsula carnosa de 6 a 10 mm de diámetro con 3 a 8 sementes e dehiscente por uns 4 dentes. As sementes son de cor castaña escura e piriformes. As plantas forman verdadeiras comunidades ao longo de liñas costeiras bañadas pola auga salgada, formando as típicas asociacións estudadas pola fitosocioloxía.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Encóntrase en dunas e pedregais costeiros en Islandia, Irlanda, Gran Bretaña, norte de Europa e Norteamérica.

Os rebentos recollidos entre xuño e agosto, antes da floración, son consumidos crus ou cociñados; son ricos en vitaminas A e C. As follas ferméntanse para usarse como chucrut. En Islandia a planta ferméntase en soro avinagrado e obtense un licor. As sementes úsanse como condimento en po para engadir a fariñas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por (L.) Ehrh. e publicado en Neues Magazin fur Aerzte 5: 206. 1783.[1]

Sinonimia
  • Alsine peploides (L.) Crantz
  • Ammodenia peploides (L.) Rupr.
  • Arenaria littoralis Salisb.
  • Arenaria peploides L. basónimo
  • Arenaria portulacacea Lam.
  • Halianthus peploides (L.) Fr.
  • Ammodenia peploides var. diffusa (Hornem.) Porsild
  • Ammonalia peploides (L.) Desv.
  • Arenaria diffusa (Hornem.) Wormsk.
  • Arenaria peploides var. diffusa Hornem.
  • Arenaria portulacea Lam.
  • Arenaria sitchensis D.Dietr.
  • Cerastium succulentum Crantz
  • Holosteum succulentum L.
  • Honckenya diffusa (Hornem.) Á. Löve & D. Löve
  • Honckenya frigida Pobed.
  • Honckenya peploides subsp. diffusa (Hornem.) Hultén ex V.V.Petrovsky
  • Honckenya peploides var. diffusa (Hornem.) Ostenf.
  • Merckia peploides G.Don
  • Minuartia peploides (L.) Hiern[2]
  1. "Honckenya peploides". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  2. Honckenya peploides en PlantList