Home escorpión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Debuxo dunha calcografía asiria que aosa homes escorpión.
Representación babilónica.

Un home escorpión é un ser mitolóxico presente en moitos mitos acadios, incluíndo o Enuma Elish e a versión babilónica da epopeia de Gilgamesh. Eran tamén coñecidos como aqrabuamelu ou girtablilu . Segundo as lendas foron creados por Tiamat a fin de librar a guerra contra os deuses menores pola traizón do seu compañeiro Apsu. No poema de Gilgamesh, están de garda fóra das portas do Deus Sol (Shamash), nas montañas de Mashu, as portas qu dan entrada a Kurnugi, a terra da escuridade.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • No videoxogo Dark Souls II aparece un home escorpión coñecido como Manscorpion Tark, que serve para advertir ó xogador e axudalo contra o xefe do nivel.[1]
  • No xogo de estratexia en tempo real Age of Mythology, os homes escorpión son unidades míticas dispoñibles para a cultura exipcia.[2]
  • No filme The Mummy Returns, o personaxe de Mathayus amósase como un home escorpión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Manscorpion Tark | Dark Souls 2 Wiki". darksouls2.wiki.fextralife.com. Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  2. http://aom.heavengames.com/gameinfo/units/egyptian/myth

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]