Holócrino

Holócrino[1] (do grego antigo ὅλος; hólos, 'completo, enteiro' + κρῑ́νω; krī́nō, 'separar') é un termo usado para clasificar o modo de secreción das glándulas exócrinas en histoloxía. As secrecións holócrinas prodúcense dentro do citoplasma da célula e libéranse pola rotura da membrana plasmática, o cal destrúe toda a célula e fai que o produto de secreción pase ao lume do órgano ou glándula.[2]
A secreción holócrina é o tipo de secreción a que causa máis danos á célula (pero só á célula secretora e non ao hóspede que a contén), que se destrúe, mentres que na secreción apócrina só se desprende unha porción apical da célula e na merócrina as células non sofren danos.
Exemplos de glándulas holócrinas son as glándulas sebáceas da pel[3][4] e as glándulas de Meibomio das pálpebras. A glándula sebácea é un exemplo de glándula holócrina porque o seu produto de secreción, o sebo, libérase xunto cos restos das células mortas da glándula que o produciron.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BUSCatermos holócrino, holócrina
- ↑ Yoshizawa, Katsuhiko (2018-01-01). Suttie, Andrew W., ed. Chapter 20 - Specialized Sebaceous Glands—Zymbal's Gland, Preputial Gland, Clitoral Gland, and Perianal Gland. Boorman's Pathology of the Rat (Segunda edición) (en inglés) (Boston: Academic Press). pp. 347–365. ISBN 978-0-12-391448-4. doi:10.1016/b978-0-12-391448-4.00020-4. Consultado o 2020-10-22.
- ↑ Campbell, Karen L.; Lichtensteiger, Carol A. (2004-01-01). Campbell, Karen L., ed. Structure and Function of the Skin. Small Animal Dermatology Secrets (en inglés) (Philadelphia: Hanley & Belfus). pp. 1–9. ISBN 978-1-56053-626-0. doi:10.1016/b978-1-56053-626-0.50005-7. Consultado o 2020-10-22.
- ↑ Sundberg, John P.; Booth, Carmen J.; Nanney, Lillian B.; Fleckman, Philip; King, Lloyd E. (2018-01-01). Treuting, Piper M.; Dintzis, Suzanne M.; Montine, Kathleen S., eds. 24 - Skin and Adnexa. Comparative Anatomy and Histology (Second Edition) (en inglés) (San Diego: Academic Press). pp. 511–542. ISBN 978-0-12-802900-8. doi:10.1016/b978-0-12-802900-8.00024-5. Consultado o 2020-10-22.
- ↑ Victor Eroschenko, diFiore's Atlas of Histology with functional correlations, Lippincott Williams & Wilkins, 10th edition, 2005. p. 41
- ↑ Nair, K. P. Prabhakaran (2013-01-01). Nair, K. P. Prabhakaran, ed. "15 - The Agronomy and Economy of Ginger". The Agronomy and Economy of Turmeric and Ginger (en inglés). Oxford: Elsevier. pp. 225–292. ISBN 978-0-12-394801-4. doi:10.1016/b978-0-12-394801-4.00015-6. Consultado o 2020-10-22.