Saltar ao contido

Hoje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hoje
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
2009 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2009 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Hoje é un proxecto pop portugués con reinterpretacións de cancións coñecidas da cantante de fado Amália Rodrigues, falecida en 1999.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O proxecto foi impulsado por Nuno Gonçalves, quen se encargou dos arranxos das pezas. A banda está formada pola cantante Sónia Tavares, que tamén actúa xunto con Gonçalves no grupo The Gift. Completan a formación Fernando Ribeiro, da banda Moonspell, e Paulo Praça (anteriormente en Turbo Junkie e Plaza).[1]

Hoje acadaron co seu álbum publicado en 2009, Amália hoje (dt.: Amália hoxe), o primeiro posto das listas de vendas portuguesas durante 23 semanas consecutivas, e mantivéronse un total de 49 semanas no Top 30.[2]

O álbum en directo Amália Hoje – Ao Vivo no Coliseu dos Recreios, gravado coa colaboración da Orquestra Sinfónica Checa, permaneceu tamén 24 semanas no Top 30, incluíndo unha semana no primeiro posto das listas portuguesas.[3]

  1. https://musicfest.pt/amalia-hoje-de-regresso-aos-coliseus-em-2025-100915/
  2. [https://acharts.co/album/43581 Amália hoje], acharts.us
  3. [https://acharts.co/album/55418 Amália Hoje - Ao Vivo No Coliseu Dos Recreios], acharts.us