Saltar ao contido

Hoh Xil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaHoh Xil
(zh-hans) 可可西里
(bo) ཨ་ཆེན་གངས་རྒྱབ
(mn) ᠬᠥᠬᠡ ᠰᠢᠯ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporexión natural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaQinghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°09′N 91°00′L / 35.15, 91
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 3.735.632 ha
zona de protección: 2.290.904 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural   Asia-Oceanía insular
Data2017 (41ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador1540
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 555624859 Editar o valor en Wikidata

Hoh Xil ou Kekexili (en mongol que significa "Crista Azul", ou tamén Aqênganggyai que significa "Señor das Dez Mil Montañas") é unha rexión illada na parte nordeste do altiplano do Tíbet. O 7 de xullo de 2017, o Hoh Xil en Qinghai incluíuse na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO como "a meseta máis grande e alta do mundo".[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A rexión abrangue 83.000 quilómetros cadrados a unha altitude media de 4.800 metros sobre o nivel do mar, esténdese en dirección leste-oeste entre as cadeas montañosas Tanggula e Kunlun nas zonas fronteirizas da Rexión Autónoma do Tíbet no suroeste da China, a provincia de Qinghai no noroeste da China e a Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang na China. A parte sueste do Hoh Xil, drenada polo río Chumar (楚瑪爾河), é unha das principais fontes de auga do Río Yangtzé. O resto da rexión é endorreica, con drenaxe a numerosos lagos illados. Esta área é ás veces descrita polos hidrólogos como o "distrito dos lagos Hoh Xil".[2] 45.000 quilómetros cadrados da rexión de Hoh Xil, a unha altitude media de 4.600 metros, designáronse como reserva natural nacional en 1995. O Patrimonio da Humanidade da UNESCO abarca a metade occidental do Condado de Zhidoi e a parte occidental do Condado de Qumarlêb en Qinghai. Bukadaban Feng considérase parte de Hoh Xil.[3]

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

Hoh Xil é volcánico. O campo volcánico do norte do Tíbet circundante contén unha serie de volcáns do Cenozoico tardío. Nesta zona están presentes varios volcáns de estilo hawaiano. Bamaoqiongzong abarca unha área de 300 km² e contén un edificio perfectamente conservado ao NE do cume e unha corrente de lava que cubre os depósitos do lago cuaternario. A área de Bamaoqiongzong contén rochas fonolíticas e foidíticas peralcalinas. Yongbohu contén cinco chemineas dacíticas, traquiandesíticas e andesíticas. Qiangaqian abrangue unha ampla área ao longo da fronteira sur da cordilleira Kunlun. Un cono na caldeira Kekexili, que antes se cría que se observou en erupción nunha foto de satélite en 1973, agora considérase que non estivo historicamente activo.[4][5]Synonyms & Subfeatures

Fauna salvaxe

[editar | editar a fonte]

A pesar do clima rigoroso, Hoh Xil alberga máis de 230 especies de animais salvaxes, 20 das cales están baixo a protección do estado chinés, incluíndo o iac salvaxe, o burro salvaxe, o cervo de beizo branco, o oso pardo e o antílope tibetano ou chiru en perigo de extinción. O abundante pika da meseta, un pequeno roedor que escava, é o principal alimento dos osos pardos da rexión, os osos tamén se alimentan do iac e do antílope.[6] A rexión, ata agora pouco coñecida, así como o antílope tibetano ou «chiru», en apuros, convertéronse en nomes famosos na China tras a estrea da película «Kekexili: Mountain Patrol» en 2004. O lago Zhuonai (卓乃湖|卓乃湖) en Hoh Xil é coñecido como un lugar de encontro para o antílope tibetano.[7]

Transporte

[editar | editar a fonte]

O Ferrocarril de Qingzang e a Autoestrada Nacional da China 109 discorren ao longo do límite oriental da reserva.[8] O túnel de Fenghuoshan, actualmente o túnel ferroviario máis alto do mundo (1338 m de lonxitude, con entradas situadas a unha altitude de 4905 metros sobre o nivel do mar), construíuse na zona.[Cómpre referencia]

    Referencias
    1. "Qinghai Hoh Xil".
    2. Zheng, Mianping (1997). "An introduction to saline lakes on the Qinghai-Tibet Plateau". Volume 76 of Monographiae biologicae. Springer. p. 21. ISBN 0-7923-4098-1.
    3. 可可西里:与天相接的生命守护人 [Hoh Xil: Ecological Preservation Volunteers who Touch the Sky]. zt.gog.cn (en chinés). Consultado o 23 de abril de 2018. 可可西里地区山峦绵延起伏,{...}有青海第一高峰布喀达板峰
    4. "Global Volcanism Program | Unnamed".
    5. Modelo:Cite GVP
    6. Xu Aichun, Jiang Zhigang, Li Chunwang, Guo Jixun, Wu Guosheng, Cai Ping, "Summer Food Habits of Brown Bears in Kekexili Nature Reserve, Qinghai: Tibetan Plateau, China". Ursus, Vol. 17, No. 2 (2006), pp. 132-137
    7. "探秘可可西里产房 --可可西里".
    8. "Environmental Protection Along the Qinghai-Tibet Railway". Arquivado dende o orixinal o 2005-06-11. Consultado o 2005-05-05.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]