Hoboken, Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHoboken, Xeorxia
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 31°10′58″N 82°08′02″O / 31.1828, -82.1339Coordenadas: 31°10′58″N 82°08′02″O / 31.1828, -82.1339
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoXeorxia
County of Georgia (en) TraducirCondado de Brantley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación480 (2020) Editar o valor em Wikidata (53,8 hab./km²)
Número de fogares251 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie8,921864 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,4802 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude40 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31542 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico912 Editar o valor em Wikidata

Hoboken é unha pequena cidade do condado de Brantley de Xeorxia, Estados Unidos.

Forma parte da Área estatística metropolitana de Brunswick, Xeorxia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización do concello no condado de Brantley, e deste no estado de Xeorxia.

Hoboken está situada no oeste do condado de Brantley, a 31° 10′ 58″ N e 82° 8′ 2″ O.[1]

A Ruta 82 dos Estados Unidos pasa pola cidade (chamada na localidade Main Street), que dista 14 km de Nahunta, a capital do condado, ao leste.

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, Hoboken ten unha superficie total de 8,9 km2, dos cales 0,04 km2 (o 0,48 %), son augas.

Segundo o censo de 2020, a cidade tiña unha poboación de 480 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 54,06 hab./km2.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome da cidade probablemente sexa copiado de Hoboken, Nova Jersey.[3]

A Asemblea Xeral de Xeorxia incorporou o lugar como a Cidade de Hoboken en 1920.[4]

Hoboken foi a primeira sede do condado de Brantley desde a formación do condado en 1920 até 1923, cando a sede foi transferida a Nahunta.[5]

Eventos culturais[editar | editar a fonte]

En Hoboken hai unha tradición continua de cantos periódicos da Arpa Sagrada que se mantén desde hai máis de 150 anos.[6] Estes inclúen actualmente cantos mensuais e unha convención anual. A Arpa Sagrada é un libro de música coral sacra, escrita usando o sistema da cuarta nota, que se orixinou en Nova Inglaterra e despois foi levado á rexión sur dos Estados Unidos no século XIX.[7]

Twin Oaks Park, situado a 6 km fóra de Hoboken, acolle dúas convencións cada ano de bluegrass (un xénero que pertence ao conxunto de músicas tradicionais estadounidenses, orixinado nos anos 1940 na zona dos Apalaches). É un campamento de propiedade privada, onde persoas de todas partes poden levar os seus vehículos e escoitar os sons melódicos da música bluegrass.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "US Gazetteer files: 2010, 2000, and 1990". United States Census Bureau. 12-02-2011. Consultado o 2 de agosto de 2022.
  2. "U.S. Census website". United States Census Bureau. Consultado o 2 de agosto de 2022.
  3. Krakow, Kenneth K. (1975): Georgia Place-Names: Their History and Origins. Macon, Xeorxia: Winship Press. ISBN 0-9154-3000-2, p. 110.
  4. Acts and Resolutions of the General Assembly of the State of Georgia. Clark & Hines, State Printers. 1920. p. 1003.
  5. Hellmann, Paul T. (13 de maio de 2013): Historical Gazetteer of the United States. Londres, Reino Unido: Routledge. ISBN 978-1-1359-4859-7, p. 240. Consultado o 2 de agosto de 2022.
  6. Kathryn Eastburn (2008): A Sacred Feast: Reflections on Sacred Harp Singing and Dinner on the Ground. Capítulo 5. Lincoln, Nebraska: University of Nebraska Press. ISBN 978-0-8032-1831-4.
  7. Sacred Harp Publishing Company.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]