Hoboken, Antuerpen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°10′0″N 4°22′0″L / 51.16667, -4.36667

Castelo de Sorghvliedt, en Hoboken
Localización do distrito de Hoboken en Antuerpen
Escudo de armas de Hoboken
Igrexa de San Xosé, en Hoboken
O Forte 8 de Antuerpen

Hoboken é un distrito do sur da cidade de Antuerpen, na rexión de Flandres de Bélxica.

Está situado no curso do río Escalda, preto da súa desembocadura.

O nome do distrito ten a súa orixe no neerlandés medio.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome Hoboken deriva do neerlandés medieval Hooghe Buechen ou Hoge Beuken, que significa faias altas. A día de hoxe hai un hospital en Hoboken chamado "Hoge Beuken".[1][2]

Unha historia infantil local di que o nome "Hoboken" deriva dun neno que deixou caer accidentalmente o seu bocadillo no río Escalda, que desemboca preto de Hoboken. No dialecto local do neerlandés, un "boke" é un bocadillo e "ho" é unha forma de gritar "alto", polo que debeu berrar "Ho, boken!!!".[3][4]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado a 6 msnm, o distrito ocupa unha extensión de 10,51 km 2.

Segundo o censo de 2021, contaba cunha poboación de 41 220 habitantes,[5] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 3 900 hab./km 2.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros rexistros históricos de Hoboken datan da parroquia de capellam de hobuechen qua libam en 1135. Nese momento Hoboken formaba parte de Wilrijk, no Ducado de Brabante. Desde aquela, pasou de ser unha pequena aldea a un distrito industrializado de Antueropen.[6]

Desde o século XIII ao XV o feudo de Hoboken era propiedade dos señores das terras de Rumst: Perwijs, condes de Vianden, condes de Flandres, das casas de Luxemburgo e de Orange-Nassau. En 1559 Guillerme I de Orange-Nassau vendeu as terras de Rumst e Hoboken a Melchior Schetz (o novo señor de Hoboken).[7]

En 1579 a cidade de Antuerpen uniuse á Unión de Utrecht e converteuse na capital da revolta holandesa conta a coroae spañola. En 1585, Alexandre Farnesio, Duque de Parma e Piacenza, conquistou Antuepen tras un longo asedio. Durante o asedio da cidade, Hoboken foi parcialmente inundado e foi asaltado por soldados inimigos. Como parte dos termos da rendición de Antuerpen, os seus cidadáns protestantes tiveron catro anos para resolver os seus asuntos antes de abandonar a cidade.[8]

A maioría dos cidadáns foron á República dos Sete Países Baixos Unidos (a parte desocupada da Unión de Utrecht) no norte, comezando a Idade de Ouro holandesa. A banca de Antuerpen estivo controlada durante unha xeración por Xénova, e Ámsterdam converteuse no novo centro comercial da rexión: a poboación de Ámsterdam pasou de 30 000 habitantes en 1570 a 60 000 en 1600 e o Distrito da Canle de Ámsterdam (Grachtengordel) construíuse para albergar aos comerciantes e banqueiros de Antuerpen (incluíndo gran parte da súa poboación xudía).[9]

Moitos dos primeiros colonos norteamericanos eran refuxiados de Antuerpen e do sur dos Países Baixos. Os primeiros colonos en Nova York foron belgas (holandeses flamengos e valóns), que chegaron a Nova York en 1623 (Michael Pauw, de Gante e Peter Minuit de Tournai) e fundaron asentamentos en Wallabout, Long Island, Staten Island, Hoboken e Pavonia. Un cónsul dos "Países Baixos" en Londres, Emanuel van Meteren, nacido en Antuerpen, induciu a Henry Hudson a reunirse co famoso cartógrafo Petrus Plancius (de Ypres) en Ámsterdam e a apoiar a procura dun paso ao nordeste cara á India.[10] [11]

En 1617 os descendentes de Lord Schetz (de Hoboken) foron chamados baróns e a partir de entón pasaron a ser coñecidos como a Casa de Ursel, en 1683 levaban o título de conde e en 1717 de duque de Ursel.

Un punto de inflexión na historia de Hoboken foi a construción do estaleiro Cockerill en 1873.

Durante a primeira guerra mundial, Antuerpen converteuse no punto de apoio do exército belga tras a derrota na batalla de Liexa. O asedio de Antuerpen durou 11 días, a cidade foi tomada polo exército alemán despois de duros combates e os belgas víronse obrigados a retirarse cara ao oeste. O Forte 8, un dos fortes que defenden Antuerpen situado no sur de Hoboken, non foi de moita utilidade durante a primeira guerra mundial, foi construído en 1864 e estaba desfasado.[12] Antuerpen permaneceu baixo control alemán até o armisticio do 11 de novembro de 1918.

O 1 de xaneiro de 1983, Hoboken converteuse nun distrito da cidade de Amtuerpen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Onze ziekenhuizen" (en neerlandés). Zna.be. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  2. "Hoboken-Onze-Lieve-Vrouw geboortekerk" (en neerlandés). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  3. "Cultuurprijs Hoboken" (en neerlandés). 16 December 2011. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  4. "Info of Hoboken" (en neerlandés). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  5. "Bevolking per statistische sector - Sector 11002V". Statistics Belgium.
  6. Encyclopædia Britannica, Ultimate Reference Suite (2009): Low Countries, history of. Encyclopædia Britannica, Chicago.
  7. Steyaert Rita (1992): Hoboken.
  8. Boxer Charles Ralph (1977): The Dutch seaborne empire, 1600–1800. Taylor & Francis. ISBN 978-0-0913-1051-6, p. 18.
  9. Marijke Carasso-Kok; Willem Frijhoff; Remieg Aerts & Piet de Rooy (2004-2007): Geschiedenis van Amsterdam. Ámsterdam: SUN. ISBN 90-5875-181-3, ISBN 90-5875-137-6, ISBN 90-5875-138-4, ISBN 90-5875-139-2, ISBN 978-90-5875-140-9.
  10. Henry C. Bayer (1925): The Belgians, first settlers in New York and in the middle states: with a review of the events which led to their immigration. Npva York: Devin-Adair.
  11. Guido J. Deboeck (2007): Flemish DNA & Ancestry: History of Three Families Over Five Centuries. ISBN 978-0-9725-5267-7, p. 188.
  12. Edmonds, J. E. (1925): Military Operations France and Belgium, 1914: Antwerp, La Bassée, Armentières, Messines and Ypres October–November 1914. History of the Great War Based on Official Documents by Direction of the Historical Section of the Committee of Imperial Defence. II (1st ed.). Londres: Macmillan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]