Hoří, má panenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hoří, má panenko
Ficha técnica
Título orixinalHoří, má panenko
DirectorMiloš Forman
ProdutorRudolf Hájek
GuiónMiloš Forman
Jaroslav Papoušek
Ivan Passer
Václav Šašek
IntérpretesJan Vostrčil
MúsicaKarel Mareš
FotografíaMiroslav Ondříček
MontaxeMiroslav Hájek
Estrea15 de decembro de 1967
Duración71 minutos
OrixeChecoslovaquia Checoslovaquia
XéneroComedia negra
Orzamento65 000 dólares
Na rede
IMDB: tt0061781 Filmaffinity: 243921 Allocine: 3829 Rottentomatoes: m/the_firemens_ball Allmovie: v91503 TCM: 74969 Netlix: 60011128Editar o valor em Wikidata

Hoří, má panenko é un filme checoslovaco de 1967 dirixido por Miloš Forman. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 41ª edición dos premios.[1]

O filme só ten uns poucos actores profesionais e algúns dos bombeiros estaban interpretados polos bombeiros do pequeno lugar onde se rodou.[2] Foi o último filme que Forman rodou en Checoslovaquia antes de instalarse nos Estados Unidos e tamén o primeiro que rodou en cor. Hoří, má panenko está considerado un fito da Nova Vaga Checoslovaca.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O departamento de bombeiros voluntarios dunha pequena localidade checoslovaca decide organizar un baile cun sorteo e un concurso de beleza. Os bombeiros tamén planean regalar un machado cerimonial ao seu xefe xubilado enfermo de cancro (aínda que eles cren que el non o sabe).

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Jan Vostrčil como xefe do comité
  • Josef Šebánek como membro do comité #2
  • Josef Valnoha como membro do comité
  • František Debelka como membro do comité #1
  • Josef Kolb como Josef
  • Jan Stöckl como bombeiro xefe retirado
  • Vratislav Čermák como membro do comité
  • Josef Řehořek como membro do comité #4
  • Václav Novotný como membro do comité
  • František Reinstein como membro do comité
  • František Paska como membro do comité
  • Stanislav Holubec como Karel
  • Josef Kutálek como Ludva

Notas[editar | editar a fonte]

  1. oscars.org (ed.). "The 41st Academy Awards (1969) Nominees and Winners". Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  2. Forman, Miloš; Novák, Jan (1994). Turnaround. Londres: Faber and Faber. ISBN 0-571-17289-X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]