Hitler – Eine Karriere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hitler – Eine Karriere
Ficha técnica
Título orixinalHitler – Eine Karriere
DirectorChristian Herrendoerfer
Joachim Fest[1]
ProdutorWerner Rieb[1]
GuiónJoachim Fest[1]
MúsicaHans Posegga[1]
Estrea1977
Duración150 minutos[1]
OrixeRepública Federal de Alemaña Alemaña Occidental[1]
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt0191182 Filmaffinity: 710943 Allocine: 118647 TCM: 485906 Netlix: 80106791Editar o valor em Wikidata

Hitler – Eine Karriere é un filme documental de 1977 sobre a traxectoria de Adolf Hitler. Producido en Alemaña do Oeste, foi dirixido por Christian Herrendoerfer e Joachim Fest e escrito polo propio Fest, un historiador alemán.[1][2][3]

Premisa[editar | editar a fonte]

O filme, que emprega imaxes de arquivo exclusivamente, é unha ollada á maneira na que Hitler chegou ó poder, e tamén pretende explicar o motivo polo cal as persoas que vivían en Alemaña amaban a Hitler. Fest argumenta que Hitler era un político intelixente, intrigante e incriblemente adaptable, que estaba ansioso por explotar calquera debilidade que vía no sistema político e nas masas que, humilladas polo resultado da primeira guerra mundial, estaban dispostas a apoiar unha voz que falaba por eles.[3]

Estrea[editar | editar a fonte]

O filme foi recibido nun principio con polémica entre algúns críticos, especialmente en Alemaña.[1][3][4] A historiadora estadounidense Deborah Lipstadt escribiu que o filme amosaba extensos clips de Hitler facendo a súa propaganda e ignoraba por completo o Holocausto, polo cal Fest participou na glorificación dun asasino.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Höhne, Heinz (26 June 1977) Faszination des Demagogen. (en alemán) Der Spiegel. Consultado o 24 de setembro de 2021.
  2. Geurts, Hans: "Hitler: A Career (1977)". (in Dutch). CineMagazine. Retrieved 24 August 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 Mavis, Paul (10 de novembro de 2007) "Hitler: A Career (Hitler - eine Karriere)". DVD Talk. Consultado o 24 de agosto de 2021.
  4. Wenders, Wim (5 de agosto de 1977) That’s Entertainment: Hitler. Die Zeit. Consultado o 24 de agosto de 2021.
  5. Lipstadt, Deborah (1993) "Denying the Holocaust". Free Press. p. 212. Consultado o 24 de agosto de 2021. ISBN 978-0452272743

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]