Historia de Busan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Historia urbana de Busan")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Busan, no desenvolvemento económico contemporáneo, atrae buques de todo os horizontes e aspira a volverse un centro financeiro rexional, é considerada polo AAPA (Asociación americana das autoridade portuarios, American Association of Port Authorities como o terceiro porto marítimo ao nivel mundial tanto pola importancia do seu tráfico coma pola súa eficacia.

Restos arqueolóxicos proban a presenza humana na rexión dende o neolítico ata a Idade de Ferro. Pero vai ser no período dos Tres Reinos (séculos II e III da nosa era) cando co nome de Geochilsanguk apareza coma un dos señoríos da confederación Jinhan (caracterizado polos seus abundantes túmulos). Na metade do século VI o reino de Silla anexiona o territorio e o nome cambia a Geochilsangun.

No 757, baixo o reinado de Gyengdeock, recibe a denominación de Dongnaesun sendo neste tempo a primeira vez que aparece na historia o nome de Dongnae co que coñeceuse a cidade ata o século XIX. É a época de Beomeosa, templo budista que á vez servía de defensa contra os piratas xaponeses.

Xa baixo a dinastía Goryeo, en 1018 e co nome de Dongnaehyeon, seica que a posición da familia feudal do señorío fortaleceuse. Entre 1120-50 eríxese unha fortaleza fronte ao expansionismo xaponés.

No tempo da dinastía Joseon, en 1395 establécense os límites administrativos da cidade e pouco despois é designada coma porto comercial (Daeil Gyoyeokjang, comezos do século XV) e permítese un asentamento comercial xaponés (recinto separado por muro ou waegwan [1]). Para 1470 a importancia coma porto de intercambio co Xapón fai que o papel de Dongnae en defensa e diplomacia deveña cada vez maior. E ese vai ser o elemento fundamental da historia e crecemento da cidade, a dialéctica de confrontación militar e fortes lazos comerciais co poderoso veciño do outro lado do Estreito de Corea. Só en 1876 o porto ábrese ao tráfico internacional en xeral (o primeiro do país).

Mentres a vella Dongnae arrodeada dunha muralla situábase uns quilómetros no interior ao norte da baía, os diferentes waegwan xaponeses reconstruídos despois de cada ocupación ou confrontación [2] vanse situar na entrada da mesma, fronte a illa de Yeongdo, onde o futuro porto e centro actual de Busan desenvolveranse [3],[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. [2]
  3. [3][4]
  4. [5][6]