Historia do Exipto contemporáneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

A historia do Exipto contemporáneo iníciase habitualmente en 1882, cando Exipto se converteu nunha colonia británica de facto. Esta situación mantívose até 1922, cando se lle concedeu oficialmente a independencia. As tropas británicas continuaron, porén, no país e a autodeterminación non se produciu até 1952, co ascenso ao poder do coronel Gamal Abdel Nasser. O estado unipartidista de Nasser ten visto moitos cambios mais tense mantido unido, primeiro baixo Anwar el-Sadat e na actualidade con Hosni Mubarak.

Ocupación británica[editar | editar a fonte]

En 1882, Ahmed Urabi liderou unha revolta de oficiais e paisanos exipcios contra a dominación europea e otomá de Exipto. Unha forza expedicionaria británica esmagou esta revolta e esta intervención, que se pensaba que sería temporal, continuou como ocupación británica e a inclusión virtual de Exipto no Imperio británico. Como resposta ao crecente nacionalismo, o Reino Unido declarou unilateralmente a independencia exipcia en 1922. A influencia británica continuou, porén, a dominar a vida política inglesa e alimentou reformas fiscais, administrativas e gobernamentais.

No período anterior á revolución de 1952, tres forzas políticas competían entre si: o Partido da Nova Delegación (Wafd), organización política nacionalista de masas oposta á influencia británica, o Rei Fuad, entronizado polos británicos en 1922 e os propios británicos, que pretendían manter o control do Canal. Outras forzas políticas incluían o Partido Comunista (1925) e a Irmandade Musulmá (1928), que acabaría por converterse nunha poderosa forza política e relixiosa.

Durante a segunda guerra mundial, as tropas británicas usaron Exipto como base das operacións aliadas na rexión. As tropas británicas retiráronse da área do Canal de Suez en 1947, pero os sentimentos nacionalistas anti-británicos seguiron a medrar rematada a guerra. O 22 de xullo de 1952, un grupo de oficiais (os "oficiais libres"), liderados polo tenente coronel Gamal Abdel Nasser, destronou o Rei Farouk, a quen acusaban da derrota exipcia na guerra de 1948 contra Israel. As expectativas populares de reformas inmediatas levaron a revoltas de traballadores en agosto. Despois dun breve experimento con goberno civil, os Oficiais Libres aboliron a constitución de 1923 e declararon a república o 18 de xuño de 1953. Nasser converteuse nun líder carismático, non só en Exipto senón en todo o mundo árabe, promovendo o chamado "socialismo árabe".

Nasser e o "socialismo árabe"[editar | editar a fonte]

Nasser contribuíu a establecer, coa India e a Iugoslavia o movemento dos Países non Aliñados en setembro de 1961 e continuou sendo un dos seus líderes até a súa morte en 1970. Cando, en 1955, os Estados Unidos conxelaron as súas vendas militares como reacción á neutralidade exipcia en relación á Unión Soviética, Nasser concluíu un acordo de compra con Checoslovaquia. Cando os Estados Unidos e o Banco Mundial retiraron a oferta de axudar a financiar o Encoro de Asuán en 1956, Nasser nacionalizou a Compañía do Canal de Suez, anteriormente en mans privadas. A crise que seguiu, exacerbada polas tensións crecentes con Israel sobre os ataques guerrilleiros desde Gaza e as represalias israelís, polo apoio á guerra de liberación de Alxeria contra Francia e, en xeral polo rexeitamento á presenza británica no mundo árabe, resultou na invasión de Exipto en outubro por Francia, o Reino Unido e Israel.

Nasser gobernou como un autócrata mais foi moi popular no Exipto e en todo o mundo árabe. A súa disposición a enfrontarse ás potencias europeas e a Israel gañoulle apoios en toda a rexión. Porén, a súa política exterior e militar estivo nas orixes da Guerra dos Seis Días. Neste conflito as forzas exipcias foron asoballadas polas israelís. Israel ocupou tamén a Península do Sinaí e a Franxa de Gaza. Esta derrota significou un duro golpe para o prestixio de Nasser tanto no interior como no estranxeiro. os últimos tres anos do seu control sobre Exipto foron máis contidos.

A era Sadat[editar | editar a fonte]

Após a morte de Nassar, outro os "oficiais libres" orixinarios, o vicepresidente Anwar el-Sadat, foi escollido Presidente de Exipto. En 1971, Sadat concluíu un tratado de amizade coa Unión Soviética mais, un ano máis tarde, expulsou os asesores soviéticos. En 1973, iniciou a Guerra de Outubro contra Israel, na que as forzas armadas exipcias lograron éxitos iniciais pero foron finalmente derrotadas.

Política interior e a infitah[editar | editar a fonte]

Sadat usou a súa inmensa popularidade para embarcarse en grandes reformas económicas que remataron cos controis socialistas da época de Nasser. Introduciu maior liberdade política e unha nova política económica, cuxo aspecto máis destacado era a infitah, ou "porta aberta". Supuña un control máis laxo do goberno sobre a economía e favorecía o investimento privado. Estas reformas creáron unha clase alta acomodada e unha pequena clase media, pero non melloraron a sorte da clase inferior, que se mostrou menos satisfeita co goberno de Sadat.

A liberalización tamén supuxo a reinstauración do "proceso debido" e da prohibición legal da tortura. Sadat desmantelou boa parte da maquinaria política existente e levou a xuízo a cargos políticos anteriores acusados de excesos durante a época de Nasser. Tentou estender a participación no proceso político a mediados da década de 1970, pero durante os últimos anos do seu goberno atopouse con maiores descontentos contra o seu goberno e respondeu con represión.

Relacións internacionais e os Acordos de Camp David[editar | editar a fonte]

Nos negocios estranxeiros, Sadat emprendeu unha modificación radical sobre a época precedente. Retirou a Exipto da política de confrontación con Israel e procurou un acomodo pacífico por medio de negociacións. Logo dos Acordos de Retirada do Sinaí de 1974 e 1975, Sadat iniciou un proceso sorprendente proceso de paz coa súa visita significativa a Xerusalén en 1977. O Presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter convidouno a Camp David xunto co Primeiro Ministro israelí, Menachen Begin, para comezar negociacións trilaterais.

O resultado dos Acordos de Camp David, asinados en 1978 por Exipto e Israel cos Estados Unidos como testemuña, conduciron ao ano seguinte a asinar a paz entre Exipto e Israel. Exipto recuperou o control do Sinaí en 1982 e as súas relacións exteriores melloraron, de maneira que se converteu no maior receptor de axuda norteamericana. Porén, a disposición de Sadat para facer a paz con Israel supúxose a inimizade da maioría dos demais países árabes.

De Sadat a Mubarak[editar | editar a fonte]

O 6 de outubro de 1981, Anwar el-Sadat foi asasinado por extremistas islámicos. Hosni Mubarak, vicepresidente desde 1975 e comandante da forza aérea durante a guerra de 1973, foi escollido presidente nese mesmo mes e posteriormente confirmado en referendo por máis tres períodos de seis anos (o máis recente, en 1999). Mubarak foi sempre o único candidato. Ten un poder enorme sobre Exipto e é ás veces acusado de ser un autócrata, mesmo se moderado.

Mubarak mantén o compromiso de Exipto co proceso de paz de Camp David e ao mesmo tempo restablece a posición de Exipto como líder árabe. Exipto foi readmitido na Liga árabe en 1989 e xoga un papel de moderador en foros internacionais como as Nacións Unidas e o Movemento dos Non Aliñados.

Desde 1991, Mubarak lanzou un programa ambicioso de reforma económica interior para reducir o tamaño do sector público e potenciar o sector privado. Os progresos en reforma política son menores. Nas eleccións á Asemblea Popular de novembro de 2000 entraron 34 representantes da oposición. O Partido Democrático Nacional gobernante conta cos 388 restantes. Os partidos da oposición son febres, están divididos e non presentan alternativas críbeis ao NDP. A Irmandade Musulmá, fundada en Exipto en 1928, está ilegalizada, xa que está prohibida a existencia de partidos baseados na relixión. Os seus membros son coñecidos e expoñen as súas opinións en público pero sen se identificaren como tales e preséntanse ás eleccións como independentes.