Saltar ao contido

Hipobóscidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hippoboscidae (hipobóscidos)

A mosca non voadora Crataerina pallida
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda

Clado: Pancrustacea

Clase: Insecta
Orde: Diptera

Clado: Eremoneura
Cyclorrhapha
Sección: Schizophora
Subsección: Calyptratae

Superfamilia: Hippoboscoidea
Familia: Hippoboscidae
Samouelle, 1819
Subfamilias
Sinonimia

Hypoboscidae (lapsus)

Os hipobóscidos (Hippoboscidae) son unha familia de moscas parasitas obrigadas de mamíferos e aves. Nesta familia as especies con ás poden voar como mínimo razoablemente ben, se ben outras con ás vestixiais ou sen ás non son voadoras e son moi apomórficas. Como é normal na superfamilia Hippoboscoidea, a maioría do desenvolvemento larval ten lugar dentro do corpo da nai e a pupación ocorre case inmediatamente.[2]

O hipobóscido alado Pseudolynchia canariensis

Melophagus ovinus é unha mosca hipobóscida sen ás de cor marrón avermellado que parasita as ovellas. Lipoptena mazamae é unha especie ectoparasita común do cervo Odocoileus virginianus no sueste dos Estados Unidos. Existen tanto formas con ás coma sen ás. Unha especie alada común é Hippobosca equina, que parasita cabalos e outros grandes mamíferos. Especies doutros xéneros poden atoparse en aves; por exemplo, Ornithomya bequaerti foi recollida de aves en Alasca. Dúas especies de Hippoboscidae –Ornithoica (Ornithoica) podargi e Ornithomya fuscipennis– son tamén parasitos comúns da ave australiana Podargus strigoides.

Pseudolynchia canariensis atópase xeralmente en pombas, e pode servir como vector da chamada "malaria dos piollos" producida polo protozoo Haemoproteus columbae. Estas moscas poden transmir ás aves outros parasitos como os do xénero Plasmodium ou outros Haemoproteus. Algunhas probas indican que outros Hippoboscidae poden servir como vectores de axentes de doenzas en mamíferos. Por exemplo, nos hipobóscidos da especie Icosta americana encontrouse o virus do Nilo Occidental e atopouse no falcón Falco sparverius.[3]

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Nalgunhas taxonomías obsoletas o nome Hippoboscidae aplícase ao grupo propiamente chamado Pupipara, é dicir, a actual familia máis as moscas dos morcegos (Nycteribiidae e "Streblidae"). Chámanse pupíparos porque as femias dan a luz fillos vivos (non poñen ovos), un á vez, que son depositados no último estadio larval chamado prepupario, pupan inmediatamente despois.[4][5][6] Para a especie Pseudolynchia canariensis, e outras especies, a reprodución é custosa enerxeticamente. As larvas aliméntanse das glándulas de "leite" que hai no interior da femia antes de seren depositadas. Un individuo fillo (pupa) pode pesar máis que unha mosca adulta que aínda non se alimentou, xa que a cuberta pupal tamén está incluída no peso e as moscas tenras a miúdo gañan masa despois das súas primeiras alimentacións con sangue.[7] Dúas das tres subfamilias tradicionais (Hippoboscinae e Lipopteninae) son grupos claramente monofiléticos considerados en conxunto. De acordo coas análises cladísticas de varias secuencias de ADN, para facer as Ornithomyinae monofiléticas, a súa tribo Olfersini tamén tería que ser recoñecida como familia de pleno dereito.[8][9]

  1. Maa, T. C. (1969). "A Revised Checklist and Concise Host Index of Hippoboscidae (Diptera)" (PDF). Pacific Insects Monograph (Honolulu: Bishop Museum, Honolulu, Hawaii) 20: 261–299.
  2. Hutson, A.M (1984). Diptera: Keds, flat-flies & bat-flies (Hippoboscidae & Nycteribiidae). Handbooks for the Identification of British Insects. 10 pt 7. Royal Entomological Society of London. p. 84.
  3. Bó, M. Susana; Cabezas, Sonia; Martínez, Pablo; Sarasola, José H.; Cicchino, Armando C.; Santillán, Miguel Á; Liébana, M. Soledad (2011). "Ectoparasites In Free-Ranging American Kestrels In Argentina: Implications for the Transmission of Viral Diseases". Journal of Raptor Research 45 (4): 335–342. ISSN 0892-1016. doi:10.3356/JRR-11-26.1. hdl:11336/81706.
  4. Walker, Meredith Swett (2015-05-18). "Behold the Hippoboscidae: Bizarre Biting Flies that Give Live Birth!". Entomology Today (en inglés). Consultado o 2019-02-10.
  5. ZADBI: Zurqui All-Diptera Biodiversity Inventory: How to Identify Flies – Cyclorrhapha[Ligazón morta], on: phorid.net, 2013. See: Hippoboscidae (louse flies), Natural History
  6. Joel Kits: Species Pseudolynchia canariensis - Pigeon Fly: Life Cycle, en BugGuide, 21 de marzo de 2005; citado por: Pigeon Louse Fly, we believe[Ligazón morta], om: What's That Bug
  7. Waite, Jessica L.; Henry, Autumn R.; Adler, Frederick R.; Clayton, Dale H. (2012). "Sex-specific effects of an avian malaria parasite on an insect vector: support for the resource limitation hypothesis". Ecology (en inglés) 93 (11): 2448–2455. ISSN 1939-9170. PMID 23236915. doi:10.1890/11-2229.1.
  8. Petersen, Frederik Torp; Meier, Rudolf; Kutty, Sujatha Narayanan; Wiegmann, Brian M. . (outubro de 2007). "The phylogeny and evolution of host choice in the Hippoboscoidea (Diptera) as reconstructed using four molecular markers.". Molecular Phylogenetics and Evolution 45 (1): 111–122. PMID 17583536. doi:10.1016/j.ympev.2007.04.023.
  9. Dick, C. W. (20 de decembro de 2006). "Checklist of World Hippoboscidae (Diptera: Hippoboscoidea)" (PDF). Chicago: Department of Zoology, Field Museum of Natural History. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2009.
  10. Maa, T. C (1963). "Genera and species of Hippoboscidae (Diptera) types, synonymy, habitats and natural groupings" (PDF). Pacific Insects Monograph 6: 1–186. Consultado o 12 de abril de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]