Saltar ao contido

Hipólito Sinforiano Luengo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHipólito Sinforiano Luengo
Biografía
Nacemento1868 Editar o valor en Wikidata
Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor en Wikidata


Hipólito Sinforiano Luengo, nado en Zamora cara a 1868, foi un mestre asentado en Ourense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre e masón. Pertencía á Asociación Esperantista. En 1909 instalouse en Ourense xunto coa súa muller Teresa Roqueta para dirixir a Escuela Laica Neutral de Ourense creada no Xardín do Posío pola Agrupación Librepensadora de Ourense a instancias de emigrantes ourensáns na Arxentina. A escola foi sostida pola Unión Orensana en Cuba e a Unión Provincial Orensana de Buenos Aires.

Foi un dos fundadores da agrupación ourensá do Partido Republicano Radical en 1909, da que foi nomeado secretario.[1] En marzo de 1912 foi denunciado e condenado por ofensa aos sentimentos relixiosos por non descubrirse ante o Viático,[2] condena que foi recurrida en casación ante o Tribunal Supremo, que tamén condenou a Hipólito.[3] A consecuencia da folga xeral de 1917, foi detido a mediados de agosto.[4] A escola Laica Neutral mantívose ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, cando Hipólito e Teresa foron detidos. Hipólito Luengo foi sancionado polas autoridades golpistas e depurado como mestre. Foron trasladados a Barcelona.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Roqueta Dalmau, de Llagostera.

  1. El Miño, 25-5-1909, p. 2.
  2. La Región, 1-5-1912, p. 1.
  3. La Región, 25-10-1912, p. 1.
  4. La Región, 21-8-1917, p. 2.
  5. Educación lembra os fundadores da Escola Laica Neutral de Ourense

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Cid, José Manuel (1988). "La Escuela Laica Neutral de Ourense en el marco de las relaciones educativas de los emigrantes gallegos (1909-1836)". Historia de las Relaciones Educativas entre España y América. Sevilla: Universidad de Sevilla. pp. 346–355. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]