Hinnøya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hinnøya
Norway - Hinnoya.PNG
Localización da illa
IMG 1820a - Sigerfjord.jpg
Sigerfjord na costa meridional
Situación
País Noruega Noruega
Arquipélago Vesterålen
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 68°32′N 15°50′O / 68.533, -15.833Coordenadas: 68°32′N 15°50′O / 68.533, -15.833
Xeografía
Superficie 2.204´7 km²
Longura máxima 52 km
Largura máxima 45 km.
Punto máis alto 1.262 m. Møysalen
Demografía
Capital Harstad (23.242 hab.)
Poboación 31.851
Densidade 14 hab./km²

Hinnøya é a cuarta illa máis grande de Noruega, a máis grande da parte continental, cubrindo unha superficie de 2204´7 km².[1] Atópase na costa oeste do país, en Noruega Norte. A parte occidental da illa está no distrito de Vesterålen, a parte do suroeste está en Lofoten, a parte sueste está en Ofoten e a parte nordés está en Troms do Sur. En 2001, Hinnøxa era a illa máis poboada de Noruega.[2]

Nome[editar | editar a fonte]

Modelo:Véxase tamén2 A forma do nome na nódico antigo era Hinn (-øya significaba 'a illa' engadiuse máis tarde). A illa grande está case dividida en dous partes polos fiordes Gullesfjorden e Kanstadfjorden, e o nome antigo probablemente deriva dun verbo antigo co significado de "escindir", "dividir" ou "cortar".

Ambiente[editar | editar a fonte]

Vista cara a Tjeldsundet desde o sueste de Hinnøya (ao norte de Lødingen).

Hinnøya está dividida por varios fiordes, dous moi longos, Gullesfjorden no nordés e Øksfjorden no suroeste, case cortan a illa. Hai só 5 km entre as súas respectivas cabezas. A illa tén un terreo principalmente accidentado e montañoso, especialmente na parte sur. A mellor zona agrícola atópase no nordés, en Harstad e Kvæfjord. A parte meridional é a localización do parque nacional de Møysalen, que inclúe a montaña máis alta da illa, o pico Møysalen. Na parte noroccidental da illa, preto de Forfjord, existe unha reserva natural que contén un val con bosques e pantanos, Incluíndo os piñeiros máis vellos de Noruega, con máis de 700 anos de antigüidade.[3]

Hinnøya se conecta ao continente pola ponte Tjeldsund a través do estreito de Tjeldsundet. Ao oeste, conéctase á illa de Langøya pola ponte Sortland e ao noroeste coa illa de Andøya pola ponte Andoy. A conexión de Lofoten inaugurouse o 1 de decembro de 2007. Forma parte da estrada europea E10, e conecta Hinnøya coas illas de Lofoten ao suroeste. A autoestrada esténdese cerca do Parque Nacional de Møysalen. Hai tamén unha conexión por transbordador no sueste entre Lødingen e Bognes no continente, a través do Vestfjorden.

Datos xeográficos[editar | editar a fonte]

En 2001, Hinnøya tiña unha poboación de 32.101 habitantes. A única cidade é Harstad. As aldeas inclúen Borkenes, Lødingen, Sigerfjord e Sørvik. A illa divídese entre os municipios de Harstad e Kvæfjord no condado de Troms, así como Andøe, Hadsel, Lødingen, Sortland, Tjeldsund e Vågan no condado de Nordland.

Hinnøya
Superficie[2] 2.198 km²
Poboación 2001[2] 32.101
Poboación –
Condado Troms Nordland
Superficie[2] 933 km² 1.265 km²
Poboación 2001[2] 25.268 7.247
Distrito Troms Sur Vesterålen Lofoten Ofoten
Superficie[2] 933 km²
Poboación 2001[2] 25,268
concello Harstad Kvæfjord Andøy Sortland Hadsel Vågan Lødingen Tjelsund
Superficie
Poboación

Clima[editar | editar a fonte]

Borkenes en Kvæfjord (elevación: 36 m) ten unha temperatura media anual de 4º C e unha precipitación anual media de 820 mm. A costa sur da illa, no municipio de Lødingen, é máis húmida, con precipitacións anuais de ata 1800 mm.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Norgeskart". Statkart.no. Statkart. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome snl.no
  3. Forfjorddalen nature reserve

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]