Hina Rabbani Khar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hina Rabbani Khar
Hina Rabbani Khar - World Economic Forum Annual Meeting 2012.jpg
Nacemento19 de novembro de 1977
 Multan
NacionalidadePaquistán
RelixiónIslam
Alma máterLahore University of Management Sciences e Universidade de Massachusetts Amherst
Ocupacióndiplomática, política, emprendedora e economista
PaiGhulam Noor Rabbani Khar
CónxuxeFiroze Gulzar
IrmánsRaza Rabbani Khar
editar datos en Wikidata ]

Hina Rabbani Khar (urdú: حنا ربانی کھر , کھر‎) nada en Multán o 19 de novembro de 1977, é unha política paquistaní.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Empresariais na Universidade de Lahore de Ciencias da Administración e na Universidade de Massachusetts Amherst[1] antes de ingresar na política como membro da Asemblea Nacional en 2002, representando á liga Musulmá de Paquistán (Q) e converténdose en ministra subalterna responsable da política económica baixo o primeiro ministro Shaukat Aziz. En 2009, tras cambiar de partido e gañar a reelección co Partido do Pobo Paquistaní, foi nomeada viceministra de finanzas e asuntos económicos e ese mesmo ano converteuse na primeira muller en presentar o orzamento ante a Asemblea Nacional.[2][3]

Foi designada polo primeiro ministro Yousaf Raza Gillani como Ministra de Asuntos Exteriores de Paquistán en xullo de 2011, e ocupou o cargo até pouco antes das eleccións de 2013, cando se retirou da política activa.[4] Con 33 anos de idade no momento de asumir a dirección do ministerio de exteriores, foi a persoa máis nova e a primeira muller no cargo.[5] Continúa sendo membro do Partido do Pobo Paquistaní e é oradora sobre política exterior.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]