Himno Nacional de Tadjiikistán
| Himno Nacional de Tadjiikistán | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Surudi milli (Суруди миллӣ) é o himno nacional de Tadjiikistán, adoptado oficialmente en 1991. Surudi milli quere dicir "himno nacional", o nome real do poema é Диёри арҷманди мо ("A nosa Patria nobre"). A letra foi escrita por Gulnazar Keldi (20 de setembro de 1945, en Tadjiikistán) e a música composta por Suleimón Alexándrobich Yudakóv (Соломо́н Алекса́ндрович Юдако́в)(1916, Kokand (Коканд) — 1990, Taxquent), autor da mesma melodía do Himno da RSS de Tadjiikistán.
Letra
[editar | editar a fonte]Letra en taxico
[editar | editar a fonte]Nota: A escritura perso-arábiga foi usada no pasado antes da Revolución Rusa no que se introduce a escrita latina e en 1930 o alfabeto cirílico. A escrita perso-arábiga segue ser usada en Afganistán pola poboación taxica que vive principalmente no norte deste país.
| Escrita cirílica | Escritura perso-arábiga | Escrita latina |
|---|---|---|
|
دیار ارجمند ما زنده باش، ای وطن برای ننگ نام ما زنده باش، ای وطن تو مادر یگانهای زنده باش، ای وطن |
Tojikistoni ozodi man!
Tojikistoni ozodi man!
Tojikistoni ozodi man! |
Tradución
[editar | editar a fonte]- A nosa Patria nobre,
- Afortunadamente para nós ondea no máis alto.
- Que a túa felicidade e prosperidade perdure para sempre.
- Chegamos a este día dende tempos antigos,
- Seguimos baixo a túa bandeira, a túa bandeira.
- Viva o meu país,
- O meu Tadjikistán libre!
- Es un símbolo da esperanza dos nosos antepasados,
- A nosa honra e dignidade,
- Es un mundo eterno para os seus fillos,
- A túa primavera nunca rematará,
- Seguimos fieis a ti, leais a ti.
- Viva o meu país,
- O meu Tadjikistán libre!
- Es unha nai de todos nós,
- O teu futuro é o noso futuro,
- A túa esencia é a esencia das nosas almas e corpos,
- Dásnos alegría eterna,
- Para ti, amamos o mundo, amamos o mundo.
- Viva o meu país,
- O meu Tadjikistán libre!
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tádzsikisztán magyar honlapja - Vocal, instrumental, and soviet version of the Anthem with the current lyrics, featured in Némethy András (Arisztid) "Tádzsikisztán magyar honlapja" website.
- Himnuszok - A vocal version of the Anthem with the current lyrics, featured in Szbszig's "Himnuszok" website.
- Vocal of "Surudi Milli" with Soviet lyrics
- MIDI file