Himno Nacional da Bandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Himno Nacional da Bandeira ("國旗歌; gúoqí gē") da República da China interprétase durante o izado e a baixada da bandeira da República China. Debido á presión da República Popular da China sobre o status político de Taiwán, este himno interprétase na vez do Himno Nacional da República da China nos acontecementos internacionais tales como os Xogos Olímpicos onde os deportistas de Taiwán participan como a China Taipei, xa que este himno é menos polémico có himno nacional, en parte porque é menos partidario en natureza (posto que o himno nacional foi primeiro himno do Kuomintang). A letra foi escrita en chinés clásico por Tai Chi-tao, quen tamén escribiu a letra do himno nacional da república China. A música foi composta por Huang Tzu.