Hillary Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hillary Montes
Os Hillary Montes vistos dende a New Horizons o 14 de xullo do 2015.
Tipo de accidente xeolóxico Montes
Accidente xeolóxico de Plutón (Tombaugh Regio).
Diámetro 388 km[1]
Altura 3,5 ±0,4[2]
Coordenadas 3,26° N 169,58° E [1]
Procedencia do nome Posto en honra a Edmund Hillary.[1]

Os Hillary Montes son unhas montañas que acadan os 3,5 km, situadas no planeta anano Plutón.[2] Están situadas ó noroeste de Norgay Montes na zona fronteiriza suroeste de Sputnik Planitia no sur de Tombaugh Regio (ou a parte de Tombaugh Regio ó sur do ecuador).[3][4] Os Hillary Montes foron vistos por primeira vez pola nave espacial New Horizons o 14 de xullo de 2015, e foron notificados pola NASA o 24 de xullo de 2015.[5]

Nomeamento[editar | editar a fonte]

As montañas recibiron o seu nome de Sir Edmund Hillary,[6][7] montañeiro neozelandés, que, xunto co montañeiro sherpa nepalí, Tenzing Norgay, foron os primeiros alpinistas en acada-la cima do pico máis alto da Terra, o Monte Everest, o 29 de maio de 1953.[8] O 7 de setembro de 2017, o nome "Hillary Montes" foi aprobado oficialmente xunto cos nomes de Tombaugh Regio e outras doce características da superficie de Plutón, próximas ós propios Hillary Montes.[9]

Tamaño relativo[editar | editar a fonte]

Os Hillary Montes acadan os 3,5 km alto, dende a base até o pico,[2] aproximadamente a metade de alto cós Norgay Montes. Os Hillary Montes son similares en altura ó do pico do Monte Fuji, a montaña máis alta do Xapón, sobre o nivel do mar.

Galería[editar | editar a fonte]

Plutón - Norgay Montes (cara a esquerda, a pé de foto); Hillary Montes (sobre a liña do ceo); Sputnik Planitia (na dereita)
Vista próxima ó amencer con varias capas finas de néboa.

Vídeos[editar | editar a fonte]

Sobrevoo de Plutón (14 de xullo do 2015)

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Hillary Montes on Pluto". Consultado o 03-09-2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Schenk, P. M.; Beyer, R. A.; McKinnon, W. B. (2018). "Basins, fractures and volcanoes: Global cartography and topography of Pluto from New Horizons". Icarus 314: 400–433. doi:10.1016/j.icarus.2018.06.008. 
  3. 3,0 3,1 Gipson, Lillian (24-07-2015). "New Horizons Discovers Flowing Ices on Pluto". NASA. Arquivado dende o orixinal o 17-03-2016. Consultado o 25-07-2015. 
  4. Messier, Doug (24-07-2015). "Fly Over Pluto’s Icy Plains & Hillary Mountains". Parabolicarc.com. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 24-07-2015. 
  5. Staff (17-07-2015). "NASA - Video (01:20) - Animated Flyover of Pluto’s Icy Mountain and Plains". NASA & YouTube. Consultado o 18-07-2015. 
  6. Staff (25-07-2015). "Pluto mountain range named after Sir Edmund Hillary". Stuff.co.nz. Consultado o 17-08-2015. 
  7. Staff (24-07-2015). "NASA names Pluto's mountains after Sir Edmund Hillary". Television New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 25-07-2015. Consultado o 17-08-2015. 
  8. Pokhrel, Rajan (19-07-2015). "Nepal’s mountaineering fraternity happy over Pluto mountains named after Tenzing Norgay Sherpa - Nepal's First Landmark In The Solar System". The Himalayan Times. Arquivado dende o orixinal o 13-08-2015. Consultado o 19-07-2015. 
  9. NASA, ed. (07-09-2017). "Pluto Features Given First Official Names". Arquivado dende o orixinal o 17-09-2017. Consultado o 03-09-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]